Feijóo encontrase unha Xunta de Galiza ben saneada e organizada

 

A Xunta de Galiza quédalle razoablemente saneada ao conservador goberno entrante, o que despexa o debate-a-treshorizonte sobre compromisos de investimentos reais a desenvolver polo goberno do PP. Isto indica que a herdanza deixada polo goberno composto por progresistas e nacionalistas galegos é a mellor en moitos anos. O futuro Executivo, capitaneado por Feijóo, encontrarase con 351 millóns de euros, o que supón un 29 por cento máis das existencias líquidas do erario público do Goberno de Fraga a 31 de xullo de 2005, cando o bipartito (BNG- PSOE) se encontrou con 271,6 millóns. O nivel de endebedamento, a 31 de decembro de 2008, é do 6,9 por cento respecto do Produto Interior Bruto; fronte a esa mesma data de 2004 (último ano completo do Goberno do PPdeG), en que esta cifra se elevaba ao 7,6 por cento.

O nivel comprometido ao comezo de 2009 é practicamente igual ao do 2008, o  que rompe os tópicos de gastos incontrolados que se atribúen a calquera executivo en ano electoral.

En definitiva, ao goberno entrante déronlle unha caixa chea de cartos, menos endebedamento e políticas integrais de desenvolvemento socioeconómico deseñadas con sentido e políticas agrarias e industriais aplicábeis dende xa. Agardamos que non tire ao río o herdado, pois a crise económica pode golpear duro, aínda que semella que non será tan longa no tempo como o até agora se supoñía. Polo menos é o que expresa o G20.

 

Deixa unha resposta