Expertos alertan sobre guerra biolóxica e negocio de Donald Rumsfeld coa «gripe porcina»

*Traducido de Prensa Web YVKE, con información de Pacífica

Sabía vostede que o virus da influenza porcina apareceu por primeira vez en Estados Unidos e que o único medicamento ao que parece responder é producido por un laboratorio do que é directivo e propietario Donald Rumsfeld?

 Un revelador traballo de investigación do Informativo Pacífica, elaborado polo colmontaxe rumsfeldectivo xornalístico con base en California Pobos Sen Fronteiras, expón varias interrogantes que os medios hexemónicos de comunicación obvian, no seu afán por xerar terror entre a poboación.

O informativo Pacífica entrevistou a distintos expertos en Estados Unidos e México, que alertan sobre a elaboración de armas químicas nos laboratorios do Pentágono e os millonarios beneficios para as transnacionais farmacéuticas. Neste caso, para os laboratorios Gilead Sciences Inc. dirixidos por Donald Rumsfeld, que teñen os dereitos sobre o fármaco «Tamiflu», que se está vendendo como remedio para a gripe e que xa fixo unha recadación billonaria coa gripe aviaria.

  Cal é a orixe do novo virus que xa matou a máis de cen persoas en México? A quen beneficia esta epidemia? Que outras noticias está sepultando? Para que se está utilizando a urxencia en México?

 O reporte de Fernando Velázquez menciona un artigo da investigadora Lori Price no sitio web Globalresearch.ca , titulado «A gripe acaba cos memos da tortura«, no que esta sinala que a influenza porcina, fabricada probablemente en laboratorios militares de Estados Unidos, acabou coa noticia dos memos sobre a tortura ordenada pola Axencia Central de Intelixencia (CIA) contra prisioneiros en Guantánamo, Abu Ghraib, e cárceres secretos.

 O artigo mencionado sinala que un investigador de biodefensa indonesio declarou o ano pasado que Estados Unidos xa podía fabricar armas biolóxicas no laboratorio dos Álamos, usando mostras da gripe aviaria enviadas por Indonesia á Organización Mundial da Saúde. Detalles sobre o tema aparecen no libro «É tempo de que cambie o mundo: mans divinas detrás da gripe aviaria», escrito polo ministro de Saúde indonesio.

 Lori Price subliña que a actual histeria provocada polo virus porcino podería dar grandes ganancias a Donald Rumsfeld. O ex secretario de Defensa de Bush é directivo desde hai 20 anos do laboratorio Gilead Sciences, Inc. a firma con sede en California que fabrica e ten os dereitos de «Tamiflu», o suposto remedio contra a influenza que aterroriza ao mundo.

 Fernando Velázquez tamén entrevistou para o seu reporte ao xornalista Ralph Schoenman, produtor do programa radial «Taking Aim» (Apuntando) que se transmite na emisora WBAI de Nova Iork. Schoenman afirma que os laboratorios militarizados ao longo de Estados Unidos estiveron perfeccionando armas biolóxicas cos virus porcino, aviario, o asiático e outras enfermidades para as que non hai resposta inmunolóxica.

«En laboratorios de nivel 4 e 5 en todo o país as enfermidades máis virulentas foron alteradas de tal forma que non hai defensa contra elas, e foron arroxadas en varias partes do mundo. Dispersáronse en África, e foron monitoreadas por militares estadounidenses», afirma Schoenman.

 Velázquez tamén menciona no seu reporte o libro «Clouds of Secrecy» (Nubes de segredos), do profesor de políticas de Saúde Pública Leonard Cole, quen documenta que por 40 anos o Pentágono estivo esparcindo billóns de vacilos I no metro de Nova Iorque, nas escolas públicas de Minneapolis e Saint Louis e, en particular, na baía de San Francisco. Nesa cidade, os efectos foron un incremento nun 10% de meninxite da espiña dorsal. O número de persoas impactadas polo vacilo I ascende a 10 millóns.

 Velázquez lembra o libro «Matando a esperanza«, onde William Bloom describe que en 1971 a central de intelixencia proveu a exiliados cubanos cun virus que causa febre porcina africana. Seis semanas despois, un brote da enfermidade obrigou ao goberno cubano a sacrificar a medio millón de porcos. Dez anos despois a poboación foi atacada por unha epidemia de dengue transmitida por mosquitos, que se estendeu pola illa enfermando a máis de 300 mil persoas e matando a 158 (dos que máis dun centenar eran nenos menores de 15 anos).

 Reporta tamén Fernando Velázquez que documentos desclasificados en 1956 e 1958 revelan que o exército estadounidense criou grandes cantidades de mosquitos na Florida e en Xeorxia para ver se os insectos podían ser usados como armas diseminando enfermidades, e que en 1969 máis de 500 estudantes de 36 países se graduaron en cursos sobre guerra epidemiolóxica na escola de química do exército en Fort McClellan en Alabama

 

 

 

Deixa unha resposta