A Revolución dos cravos (caraveis)

 

Hoxe, no noso país veciño, celébrase o gran  día da liberdade. O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime autoritario de inspiración fascista que existía en Portugal dende 1926  sen grande resistencia das forzas leais ao goberno, que cederon perante o movemento popular, que axiña apoiaron aos militares de esquerdas portugueses. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ao pobo portugués (denominándose “Día da Liberdade” ao día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.

Grândola Vila Morena de Zeca Afonso, emitida polo programa “Limite” da Rádio Renascença, marcaba o comezo das operacións contra o réxime dictatorial. O caravel tornouse no símbolo da Revolución de abril de 1974; Cando no amencer, as persoas comezaran a xuntárense nas rúas, apoiando ós soldados sublevados, alguén comezou a distribuír caraveis vermellos ós soldados, que rapidamente os colocaron nos canóns das súas armas. Podes conseguir máis datos na wikipedia. Se é do teu interese, hai máis información e videos na internet.

Bo día.

 

Deixa unha resposta