A nosa terra segue a ser violada por quen leva a bandeira da “liberdade lingüística”
Publicado en Galiza o 23/04/2009 23:17 por Xosé AntónSon palabras do dramaturgo Manuel Lourenzo e o director da editorial Laiovento, Francisco Pillado,
nunha conferencia de prensa realizada hoxe na Libraría Couceiro, en Compostela, para responderlle ao informe elaborado pola fundación FAES, onde Andrés Freire, “filólogo clásico e profesor de lingua e literatura cualifica o proceso de normalización lingüística galega como unha “extravagancia”, e considera que a supervivencia do galego, como “dialecto”, en calquera caso ( e non como lingua) debeuse ao illamento xeográfico de Galiza e ao “analfabetismo” do campesiñado.
Mentres o novo goberno ultraconservador da Xunta (cheo de altos cargos dos anteriores gobernos de Fraga e Aznar) cala ou emite lamentables declaracións que amosan o seu desprezo pola nosa cultura e polas creadoras e creadores galegos. Un exemplo diso témolo no Conselleiro de Cultura, Roberto Varela cando di que “a cultura galega limita”.
Se non chegaba con tentar eliminar o dereito á igualdade de oportunidades para a cultura propia e para o idioma galego tamén o dereito á de xénero vai por mal camiño: o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, avanzou que vai revisar a orde do Bipartito que anulou os concertos a cinco centros educativos galegos que separaban o alumnado por sexo.
Tampouco deixa de ser rechamante e esperpéntico, en palabras da MESA, que a Consellaría de Educación (da que vai depender a Secretaría Xeral de Política Lingüística) xa anunciase que vai derrogar unilateralmente o decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.
A Patria debe ser gobernada por quen a defenda!