Archive for Abril 28th, 2009

Traballar 65 horas á semana: Atención ao que votades nas eleccións europeas!

Existe unha  posibilidade real que os partidos PP e PSOE  e os seus compañeiros ideolóxicos da capitalismoUnión Europea,  cheguen a un acordo despois das vindeiras eleccións europeas para darlle máis flexibilidade á contratación laboral. Xa anteriormente,  estes dous partidos fixeran campaña a favor da neoliberal constitución europea que tanto limita os dereitos da clase traballadora. O BNG fixo campaña en contra desa constitución por consagrar un modelo socioeconómico neoliberal que é contrario aos intereses de Galiza como das traballadoras e traballadores dos pobos que conforman a U.E.

Publica A Nosa Terra que o Parlamento Europeo e os gobernos dos países membros non chegaron a un acordo para aprobar as 65 horas semanais.  O goberno checo criticou a actitude do Parlamento e atribuíuna á proximidade das eleccións europeas de xuño (entendo que para non alarmar aos votantes). Isto significa que seguirá vixente a lexislación actual sobre tempo de traballo, que fixa unha xornada laboral de 48 horas semanais pero que contempla a posibilidade de excepcións mediante un acordo individual entre empresario e traballador. Estas excepcións, na práctica, permiten traballar até 78 horas semanais. O eurodeputado socialista Alejandro Cercas, relator parlamentario da directiva de tempo de traballo, lamentou a falta de compromiso  pero considera que o futuro está aberto  para encontrar unha solución coa nova Comisión e o novo Parlamento.

 

Expertos alertan sobre guerra biolóxica e negocio de Donald Rumsfeld coa «gripe porcina»

*Traducido de Prensa Web YVKE, con información de Pacífica

Sabía vostede que o virus da influenza porcina apareceu por primeira vez en Estados Unidos e que o único medicamento ao que parece responder é producido por un laboratorio do que é directivo e propietario Donald Rumsfeld?

 Un revelador traballo de investigación do Informativo Pacífica, elaborado polo colmontaxe rumsfeldectivo xornalístico con base en California Pobos Sen Fronteiras, expón varias interrogantes que os medios hexemónicos de comunicación obvian, no seu afán por xerar terror entre a poboación.

O informativo Pacífica entrevistou a distintos expertos en Estados Unidos e México, que alertan sobre a elaboración de armas químicas nos laboratorios do Pentágono e os millonarios beneficios para as transnacionais farmacéuticas. Neste caso, para os laboratorios Gilead Sciences Inc. dirixidos por Donald Rumsfeld, que teñen os dereitos sobre o fármaco «Tamiflu», que se está vendendo como remedio para a gripe e que xa fixo unha recadación billonaria coa gripe aviaria.

  Cal é a orixe do novo virus que xa matou a máis de cen persoas en México? A quen beneficia esta epidemia? Que outras noticias está sepultando? Para que se está utilizando a urxencia en México? Read the rest of this entry »