O falanxismo dos anos noventa e o antigaleguismo chegou ao goberno da Xunta
Posted in Galiza on 04/26/2009 01:42 p.m. by Xosé AntónUn dos máis estreitos colaboradores do conservador conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda,
simpatizou co falanxismo. José Norberto Uzal Tresandi, nomeado director xeral de Administración Local, concorreu nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 na candidatura nos primeiros postos da lista (cuarto) de Falange Española Independiente. Tamén ocupou o posto de director xeral na Federación Galega de Municipios e Provincias e foi contratado como asesor xurídico do concello de Cambados.
Rueda, man dereita do presidente da Xunta é un antigaleguista, como se puido ver na manifestación segregacionista contra a normalización do idioma galego onde marchou coa Falange, con persoas de extrema dereita, que agora dirixen a administración da Xunta e con Galicia Bilingüe.
Por certo, Andrés Freire , autor do texto contra o galego publicado pola Fundación FAES de José María Aznar é un dos redactores do primeiro manifesto de “Tan gallego como el gallego” ( a organización que posteriormente deu paso a Galicia Bilingüe), formou parte do PP e encargouse das relación do partido coa prensa en Vigo até a derrota das eleccións xerais do 14 de marzo de 2004. Read the rest of this entry »