Xunta de Galiza: comezan as ilegalidades
Posted in Galiza on 04/22/2009 06:30 p.m. by Xosé Antón
Non, non estamos a falar da designación de Agustín Hernández como Conselleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente, esa persoa que, como lembra a deputada do BNG Ana Pontón, despois de asinar na Xunta contratos millonarios para varias firmas, traballou nestas mesmas firmas semanas despois. Estamos a falar da totalidade do Consello da Xunta de Galiza. Que pensa facer Alberto Núñez Feijóo, como presidente da Xunta de Galiza ante o seu incumprimento da Lei de Igualdade no Traballo?
No seu goberno non se establece o requisito legal de que todos os xéneros estean represe
ntados como mínimo nun 40% no Consello da Xunta. Dos 11 membros do consello, só catro son mulleres, dese xeito, ao incumprir o precepto legal, convértese nun «goberno invalidamente constituído», o que xera unha situación de «inseguridade xurídica» que pode levar a que os actos levados a cabo polo executivo «sexan nulos de pleno dereito». Se o encargado de facer cumprir a lei é o primeiro ignorala mal se comeza o camiño. Lembra Pontón que “a lei de igualdade di que a porcentaxe do sexo menos representado no Consello da Xunta non pode ser menor ao 40%” e, neste caso, dos once membros do Consello da Xunta, só catro son mulleres, isto é o 36,36%. Read the rest of this entry »