Archive for Abril 21st, 2009

A oligarquía quere a Pepe Gotera e a Otilio en Urbanismo e Obras Públicas

 

Os empresarios do CEG piden volver a un  pasado que tanto lesionou os intereses do pobo galego solicitándolle ao goberno conservador algo que este xa tiña pensado realizar: a derrogación das Normas do Hábitat, proxecto aprobado na pasada lexislatura polo bipartito. Estes empresarios tperigo!!!eñen posturas contrapostas cando piden, por unha parte reducir o gasto  público e por outra que a administración galega financie os pagos das empresas da construción. Cabe a posibilidade que o PP , no goberno galego, atenda as súas peticións, o que pode provocar prexuízos ás maiorías sociais do noso país, como  eliminar diversos investimentos sociais e/ ou limitar o desenvolvemento industrial sustentábel e a creación de emprego estable. Read the rest of this entry »

 

China asusta a occidente na procura de mercar activos estratéxicos a prezos de ganga

Comenta Xulio Rios nun artigo na web  Igadi.org  que China podería converterse na segunda economíapetróleo máis grande do mundo este mesmo ano ou, a máis tardar, en 2010, segundo se recolle nunha investigación da Universidade de Nottingham, unha previsión que até hai pouco se proxectaba arredor de 2018, nunca antes. Este novo salto absoluto chinés viría determinado polo estancamento das economías de países como Xapón, Alemaña, Reino Unido e Estados Unidos, todos eles en plena recesión e con notorias dificultades para recuperar os niveis de produción que tiñan en 2007 antes de 2011 ou 2012. O retroceso das economías máis desenvolvidas facilitaría o ascenso de China na clasificación global mundial.

Para iso, e como  en China necesitan a enerxía que non se produce no seu  subsolo, comeza a deseñar unha estratexia para comprar activos estratéxicos no mercado internacional de materias primas que se ofrecen a prezos de ganga debido á crise, como sinalaba o diario ruso Kommersant ao comentar a inclusión de Xiao Yaqing, ex xefe de Chinalco, no Goberno. Read the rest of this entry »