Archive for Abril 20th, 2009

Novo Goberno da Xunta de Galiza: Rúa do Percebe 13

Semella que o caso omiso ás incompatibilidades e falla de ética no novo goberno conservador da Xunta de Galiza é marca da casa de Núñez Feijóo.

A decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de axuntar nunha consellería as carteiras de Obras Públicas e Medio Ambiente baixo o mando de Agustín Hernández suporá a desaparición da autonomía da Administración na valoración do impacto ambiental. Dese xeito, Medioambiente  pode quedar subordinado por completo aos intereses das grandes empresas que tanto falaron de ampliar as zonas costeiras onde se poda construír. Ao escoller o deputado pontevedrés para o departamento que axunta competencias de obras pública, vivenda, obras públicas e medio ambiente, Feijóo “pasa” do expediente da Xunta de Galiza a Agustín Hernández por presunta violación da lei de incompatibilidades.

Só faltaba que nalgunha  das innumerábeis direccións xerais que se van crear  tomase posesión  Pepe Gotera e Otilio, pois dende a sede do Partido Popular, onde  se centraliza todo o traballo administrativo e de coordinación que se encontra en Génova 13, no centro de Madrid,  seguirán dando ordes. Tempo ao tempo, non se vaian que aínda virán máis.