No camiño dun BNG máis útil e unido para Galiza
Posted in A Costa da Morte on 04/19/2009 02:03 p.m. by Xosé AntónO diálogo que estabeleceu a Alternativa arredor do debate das ideas e sobre principios e liñas políticas
foron recibidas cun grande apoio da militancia nacionalista, que entendeu que o debate reforza a organización, ao BNG. O colectivo Alternativa pola Unidade, liderado por Guillerme Vázquez,conseguiu o 47% d@s delegad@s (1.120) despois dunha participación abondosa das comarcas do país. Os máis BNG de Carlos Aymerich están arredor do 35% da Asemblea (845) e os irmandiños de Beiras o 15% (377). Quedan pendentes os datos da emigración que escolle 94 delegad@s.
E, segundo informacións publicadas na internet, a comarca de Bergantiños aportará á Asemblea Nacional 39 delegad@s da Alternativa pola Unidade, 13 de máis BNG de Carlos Aymerich e 8 da lista denominada comarca de Bergantiños.
Xa se supoñía que as asembleas celebradas nas 24 comarcas nas que se estrutura o BNG tería unha afluencia masiva, debido aos motivos da convocatoria: a candidatura ás eleccións europeas, o Regulamento da Asemblea Nacional do 10 de maio, o Documento Político aprobado polo Consello Nacional, e por último, elección d@s militantes que representarán ás comarcas (no noso caso Bergantiños) na asemblea Nacional. Read the rest of this entry »