Posted in Galiza on 04/16/2009 08:44 p.m. by Xosé Antón
No día de hoxe algúns medios de comunicación recollían informacións a respecto do acto de apresentación da Alternativa pola Unidade, celebrado onte en Compostela, nas que se distorsionaban algunhas das afirmacións feitas polo compañeiro do BNG, Guillerme Vázquez, se cadra co obxecto de confundir ou mesmo de manipular.
Membros da alternativa pola Unidade remiten o texto da nota pública emitida pola propia Alternativa, e que se axusta a realidade (tal e como podedes comprobar verificando o contido da mesma co video que aparece en guillermevazquez.org), co fin de clarificar calquera dúbida ou confusión que poidera ter xordido a respecto das propostas e teses d’Alternativa pola Unidade, que pouco ou nada teñen que ver coa literalidade dalgúns titulares de prensa.
Posted in A Costa da Morte on 04/16/2009 08:14 p.m. by Xosé Antón
Sinala o BNG da Laracha, nun comunicado feito público, a necesidade de utilizar os instrumentos municipais que permitan a aplicación e o desenvolvemento da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, así como da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Diversidade Funcional.
Para iso propoñen a elaboración e aprobación dun“Plano de Accesibilidade Universal (P.A.U.), no concello da Laracha”. Trátase dun plano de execución, que ten como obxectivo facer accesíbel,dun xeito gradual, o entorno existente, coa finalidade de que todas as personas poidan desenvolverse de maneira libre, segura e coa maior autonomía posíbel. Proponse normalizar e estandarizar, en todo o termo municipal, as solucións normativas e técnicas establecidas e dispoñíbeis.Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 04/16/2009 01:28 a.m. by Xosé Antón
Segundo apuntan algúns medios, áexperiencia doutras asembleas do Bloque Nacionalista Galego e o apoio da UPG a Guillerme Vázquez, a «Alternativa pola Unidade»parte como favorita para obter máis delegados que os quintanistas de “Máis BNG” encabezados por Carlos Aymerich, ouque o “Encontro Irmandiño”de Xosé Manuel Beiras, que está moito menos apoiado pol@s militantes de base debido as actuacións realizadas durante e despois das eleccións galegas.
Aínda así o ex-deputado Guillerme Vázquez, amosouse disposto a negociar unha lista común despois do sábado. Lembra Vázquez que “é moito máis o que nos une que nos separa”. Read the rest of this entry »