Archive for Abril 14th, 2009

Unha política trapalleira no futuro goberno de Galiza

 

E totalmente acertado o dito polo voceiro parlamentar do BNG cando cualificou oparlamento-galego discurso de investidura do futuro presidente da Xunta, o “popular” Alberto Núñez Feijóo, de “autoritario, conservador e contrario aos intereses do país”. Feijóo presentou un discurso  sen compromisos, non explicitou ningunha medida  e só tratou plans xenéricos. En todo caso, as poucas medidas concretadas son totalmente negativas para o desenvolvemento cultural, social e económico do noso país: revisión do concurso eólico (será  preciso que explique a que empresa foránea  lle vai dar megavatios) ou a derrogación do decreto do galego no ensino, entre outras.  Non é entendíbel tanto discurso de investidura en negativo cando ao goberno conservador entrante deixáronlle unha caixa chea de cartos, menos endebedamento que o anterior e políticas integrais de desenvolvemento socioeconómico deseñadas con sentido ou políticas agrarias e industriais inmediatamente aplicábeis. Ou sexa, Feijóo pretende retornar ao pasado, á política trapalleira que, sen dúbida, será un calco do que o PP fixo nunhas eleccións chea de mentiras e accións infames que apareceron publicadas na súa poderosa plataforma mediática cun claro obxectivo: voltar á Galiza do atraso e controlada por uns poucos oligarcas.  Por iso considero  o discurso de investidura conservador  un inmoral ataque a Galiza. Claro que con esa inmoralidade gañaron as eleccións.

 

parque industrial da Laracha:iniciada a exposición pública da expropiación dos terreos afectados

Iniciouse a exposición pública do expediente expropiatorio dos terreos afectados polo parque industrial de Lendodeseno-de-parque-industrial (a maior parte xa foran adquiridos inicialmente polo acordo cos propietarios). En total son 41 as parcelas afectadas e suman unha totalidade de 118.548 metros cadrados. O expediente estará a exposición pública durante un mes, e pode consultarse tanto nas oficinas de “Suelo Empresarial del Atlántico (S.E.A.)” en Compostela, como no propio concello da Laracha. A finais do ano pasado foran adxudicadas as obras de urbanización do Parque Empresarial da Laracha.

Esta nova emitiuna o BNG da Laracha nun comunicado no que amosa a súa satisfacción polo feito de que este Parque Empresarial (un dos principais da provincia) vaia ser axiña unha realidade  para acadar un necesario desenvolvemento sustentábel da Laracha, e polo tanto a creación de emprego e a fixación de poboación. Read the rest of this entry »