Posted in Mundo on 04/12/2009 10:53 p.m. by Xosé Antón
Rusia celebra hoxe 12 de abril o Día Mundial da Cosmonáutica. Transcorreron exactamente 48 anos desde que o home viu por vez primeira o seu planeta desde o espazo extraterrestre. O 12 de abril de 1961, ás 9 horas e 7 minutos de Moscova, a nave Vostok, con Yuri Gagarin a bordo, despegaba desde o cosmódromo de Baikonur (hoxe esa base pertence a República de Kazajstán, onde tamén se celebrou esa festa). Precisamente desde ese cosmódromo despegan hoxe en día as naves espaciais de 300 toneladas de peso. Para que semellante mole supere a gravidade terrestre necesítanse propulsores de 20 millóns de cabalos de forza. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 04/12/2009 07:49 p.m. by Xosé Antón
Este interesante artigo aparece no Xornal de Galicia e no Blog de Francisco Rodríguez:
Levamos un período de 32 anos cun réxime de monarquía parlamentar no Estado español. Foi produto dunha transición pactada co réxime franquista. O sucesor de Franco na xefatura do Estado, o príncipe Juan Carlos, convertido máis tarde en rei constitucional, foino por vontade do dictador. A lexitimidade democrática do actual réxime resultou así devida, non desde o inicio. Foi unha restauración monárquica, após 40 anos de franquismo, en parte conforme aos deseños de Franco. Ler máis
Posted in Galiza on 04/12/2009 12:45 a.m. by Xosé Antón
Os tres colectivos do BNG que se presentarán á Asemblea Nacional do 10 de maio coinciden na
s súas declaracións en tres postulados organizativos internos básicos: Agrandar a militancia, reforzar a organización e democracia participativa. Mais algunha das tres sensibilidades presenta propostas con máis calado político que outras. Queres coñecer algo máis deles?
A Alternativa pola Unidade con lealdade democrática ao BNG
Cunha clara definición, a Alternativa pola Unidade, formada por independentes do BNG e militantes da UPG pretende darlle un forte pulo á unidade do BNG desde o criterio de máxima lealdade, respecto ás regras de xogo e participación activa dentro ( un traballo de reforzo da organización) para actuar fóra na sociedade, de forma que o BNG sexa un instrumento operativo na defensa da alternativa nacionalista. Read the rest of this entry »