Archive for Abril 11th, 2009

Aniversario do golpe de estado en Venezuela: no golpe tamén participaron os medios de comunicación.

O equipo do programa de Venezolana de Televisión “La Hojilla” reeditou as imaxes do golpe de estado do 11 de abril de 2002, que mantivo ao presidente Hugo Chávez secuestrado, eliminou a Constitución e os dereitos do pobo venezolano durante 48 horas.

 Hoxe, cando xustamente se cumpren 7 anos do golpe de estado contra o goberno do presidente Hugo Chávez, comeza a facerse xustiza en Venezuela sobre a masacre de 19 persoas, os delitos de alta traizón e os innumerables actos de atropelo e persecución que se sucederon en apenas dous días contra os dirixentes bolivarianos elexidos democraticamente e até contra legacións diplomáticas, como a embaixada de Cuba. Mentres, a oposición oligárquica e os poderosos medios de (in)comunicación masiva queren presentar aos verdugos como vítimas.

 Os medios oligárquicos, unha Voz poderosa contra o dereito dos pobos a vivir con dignidade tamén axudan a producir golpes, tamén golpes mediáticos, que pretenden tapar a verdade e desprestixiar ás forzas políticas de esquerdas, mantendo hostilidade contra o progreso socioeconómico das maiorías sociais. Diso temos suficientes exemplos nas recentes eleccións ao Parlamento Galego, onde algúns medios de comunicación hexemónicos, de dentro e fóra de Galiza, practicaron ataques mediáticos viscerais contra o BNG, dentro da súa liña manipuladora e desmobillizadora dos sectores sociais da esquerda  que fixo perder as eleccións ao goberno do bipartito. Por iso é necesario manter a memoria dos feitos. Por iso en Venezuela as vítimas e os miles de heroes e heroínas anónimos que contribuíron a restablecer a legalidade constitucional e detiveron a persecución sanguenta contra os dirixentes políticos dos partidos da esquerda queren coñecer toda a verdade e lembrar o ocorrido para que non se repita a historia.

Non esquezamos que os mesmos oligarcas que levaron ao pobo venezolano á encerrona do 11 de abril e o desquiciaron durante meses, son quen hoxe negan até que houbese golpe de estado, e reivindícanse como «perseguidos políticos» nunha sociedade democrática e participativa como é a Venezuela actual.

 Por se a memoria falla, aquí están un resumo das imaxes do aniversario do golpe de estado

Clica no video para velo