A UPII ( unión de permanente de intereses imperialistas) formada pola oligarquía, Cia e medios de (in)comunicación masiva non conseguen derrubar a Chávez
Posted in Mundo on 04/05/2009 09:36 p.m. by Xosé Antón
Revela o máis recente estudo de «Indicadores de Xestión e Conxuntura Política» do Instituto Venezolano de Datos (IVAD), realizado entre o 13 e o 23 de marzo de 2009 que, logo do Referendo Aprobatorio da Emenda Constitucional do pasado 15 de febreiro, o presidente Chávez consolidou o seu apoio popular, superando o respaldo media do que gozou en 2008 (69,3%). Destaca, ademais, o estudo que os partidos da oposición sufriron un descenso no apoio popular do 40%, e que o 71,2% manifestou estar conforme coa xestión do presidente Chávez, en tanto que apenas o 25% dixo que era malo.
Hoxe mesmo, o ministro para a Comunicación e a Información, Jesse Chacón, afirmou que se os medios de comunicación venezolanos informasen a realidade do que ocorre no país, o presidente Hugo Chávez tería entre 85% e 90% de aceptación.
A encuestadora IVAD do profesor Félix Seijas, quen manexou o Instituto de Estatística durante os últimos gobernos adecos, determinou no seu último estudo de opinión que o PSUV(Partido Socialista Unido de Venezuela ) consolídase con abafadora vantaxe como primeira forza co 34.5%, seguido por AD co 3.8%; Primeiro Xustiza co 3.7%; UNT, co 3.4%; Proxecto Venezuela, co 2.3%; COPEI, co 1.6%; Podemos co 1.8%; o PPT, co 1.5%; o MAS, co 0.4%; a LCR, co 0.3% e ABP, co 0.7. Tamén indicou o estudo que o 41% dos venezolanos dixo non sentirse identificado por ningunha tendencia política.
Para a maioría dos entrevistados, tres áreas craves para o desenvolvemento humano evolucionaron favorablemente:
-Para 62,2% a saúde é agora mellor ou moito mellor que antes,
-69,3% cre o mesmo respecto da educación,
-e 50% sobre a vivenda. Read the rest of this entry »
