Entrevista a Francisco Rodríguez Sánchez no diario «El país» do domingo 29 de marzo.
Posted in Galiza on 04/01/2009 01:01 a.m. by Xosé Antón
Esta é a entrevista realizada a Francisco Rodríguez Sánchez polo diario «El país» o domingo 29 de
marzo na que o ex- portavoz do BNG no congreso dos deputados comenta que o BNG ten que ser capaz de manter o bo clima do último Consello Nacional. Pois o nacionalismo atomizado en Galiza non é nada. Se todo o mundo o ten claro, haberá as lóxicas convulsións, pero as cousas vanse a canalizar da forma que lle dea máis estabilidade.
Pregunta. Ten xa máis claro que pasou o 1-M?
Resposta. Foi clave a forma en que se desenvolveu a campaña. Dito isto, xa se actuaba sobre unha gran fraxilidade, porque bipartito e BNG só podían manterse ou aumentar moi pouco. E a campaña, desde o punto de vista mediático e das teses do PP, tivo a pegada xusta para que o que estaba fráxil fose derrubado. Hai un dato obxectivo: o 80% dos votos perdidos están nunha circunscrición. Iso é unha anomalía de tal calibre que só pode ser atribuíbel a circunstancias conxunturais.
Pregunta. Anxo Quintana di que se deu conta de que os poderes fácticos non estaban co poder, senón co PP. Read the rest of this entry »