Archive for Abril, 2009

Lúcese o novo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez: cómpre pechar explotacións gandeiras

 

Atendendo á información que publica A Nosa Terra, o Goberno do PP non sabe que facer coas sector-lacteo-nas-mans-do-ppexplotacións agrarias, a primeira medida que se lle ocorre ao conselleiro do PP é pechalas.  Facilitar o abandono das explotacións considérao o máis intelixente. A segunda é que non considera prioritario o Grupo Lácteo Galego. A terceira  medida (opción do seu grupo parlamentar- do PP) é pedir apoio aos outros dous grupos políticos da cámara galega (BNG e PSOE ) na procura de solucións “urxentes” para paliar a crise do sector lácteo, algo así como : e agora que se fai?

A postura do BNG é radicalmente distinta á proposta de Samuel Juárez . Na web do semanario publícase que a portavoz do BNG, Tareixa Paz, asegura que as demandas de sindicatos e cooperativas agrarias “concordan” coas necesidades actuais do sector que, ao seu xuízo, pasan pola “intensificación” das axudas do Igape e a creación de novas liñas que permitan aprazar o pago das débedas contraídas polos gandeiros. As organizacións agrarias consideran necesario alcanzar “acordos” que permitan fixar unha “liña común, única e conxunta” na procura de solucións “urxentes” para paliar a crise do sector lácteo.

Paz trasladou a disposición da formación nacionalista a subscribir acordos “de país” coas demais forzas políticas da Cámara galega, ao soster a necesidade de manter unha posición que poida defenderse en todos os ámbitos de decisión que afectan ao sector lácteo.

 

Traballar 65 horas á semana: Atención ao que votades nas eleccións europeas!

Existe unha  posibilidade real que os partidos PP e PSOE  e os seus compañeiros ideolóxicos da capitalismoUnión Europea,  cheguen a un acordo despois das vindeiras eleccións europeas para darlle máis flexibilidade á contratación laboral. Xa anteriormente,  estes dous partidos fixeran campaña a favor da neoliberal constitución europea que tanto limita os dereitos da clase traballadora. O BNG fixo campaña en contra desa constitución por consagrar un modelo socioeconómico neoliberal que é contrario aos intereses de Galiza como das traballadoras e traballadores dos pobos que conforman a U.E.

Publica A Nosa Terra que o Parlamento Europeo e os gobernos dos países membros non chegaron a un acordo para aprobar as 65 horas semanais.  O goberno checo criticou a actitude do Parlamento e atribuíuna á proximidade das eleccións europeas de xuño (entendo que para non alarmar aos votantes). Isto significa que seguirá vixente a lexislación actual sobre tempo de traballo, que fixa unha xornada laboral de 48 horas semanais pero que contempla a posibilidade de excepcións mediante un acordo individual entre empresario e traballador. Estas excepcións, na práctica, permiten traballar até 78 horas semanais. O eurodeputado socialista Alejandro Cercas, relator parlamentario da directiva de tempo de traballo, lamentou a falta de compromiso  pero considera que o futuro está aberto  para encontrar unha solución coa nova Comisión e o novo Parlamento.

 

Expertos alertan sobre guerra biolóxica e negocio de Donald Rumsfeld coa “gripe porcina”

*Traducido de Prensa Web YVKE, con información de Pacífica

Sabía vostede que o virus da influenza porcina apareceu por primeira vez en Estados Unidos e que o único medicamento ao que parece responder é producido por un laboratorio do que é directivo e propietario Donald Rumsfeld?

 Un revelador traballo de investigación do Informativo Pacífica, elaborado polo colmontaxe rumsfeldectivo xornalístico con base en California Pobos Sen Fronteiras, expón varias interrogantes que os medios hexemónicos de comunicación obvian, no seu afán por xerar terror entre a poboación.

O informativo Pacífica entrevistou a distintos expertos en Estados Unidos e México, que alertan sobre a elaboración de armas químicas nos laboratorios do Pentágono e os millonarios beneficios para as transnacionais farmacéuticas. Neste caso, para os laboratorios Gilead Sciences Inc. dirixidos por Donald Rumsfeld, que teñen os dereitos sobre o fármaco “Tamiflu”, que se está vendendo como remedio para a gripe e que xa fixo unha recadación billonaria coa gripe aviaria.

  Cal é a orixe do novo virus que xa matou a máis de cen persoas en México? A quen beneficia esta epidemia? Que outras noticias está sepultando? Para que se está utilizando a urxencia en México? Read the rest of this entry »

 

Rafael Correa e a Revolución Social trunfa de novo en Ecuador

“Estamos aquí polos pobres…xuntos fixemos historia…e dese xerafael-correaito recuperar esa dignidade   para que non volvan a caer nas trampas dos demagogos, dos poderosos de sempre…Até a vitoria sempre Ecuador da alma” dicía Rafael Correa agradecendo o apoio das maiorías sociais  que o levaron  de novo  ao goberno.

A Revolución Social, Cidadá ou Bolivariana que rega de xustiza social Sudamérica florece de novo en Ecuador . O trunfo da Revolución Cidadá implica a continuidade do proxecto de transformación social nese país, que impulsou o presidente, Rafael Correa, e representa alí un feito inédito, tras alcanzar a maioría dos votos na primeira volta dos comicios neste pasado domingo.

 Os primeiros resultados a boca de urna outórganlle  máis do 54% dos votos escrutados. O pobo ecuatoriano, recoñece nel un líder que non vacila en defender os intereses colectivos da sociedade, e non cede fronte ás fortes presións e chantaxes da oligarquía.

En rolda de prensa ofrecida logo dos primeiros resultados extraoficiais, Rafael Correa  reiterou que a loita é por lograr unha sociedade igualitaria que se estivo consolidando con tan só dous anos de compromiso social. Afirmou que nesta nova etapa que se iniciará no país logo das eleccións xerais, loitará e enfrontará ao poder corrupto da prensa que apoia á oligarquía: Read the rest of this entry »

 

O falanxismo dos anos noventa e o antigaleguismo chegou ao goberno da Xunta

Un dos máis estreitos colaboradores do conservador conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda,uzal1 simpatizou co falanxismo. José Norberto Uzal Tresandi, nomeado director xeral de Administración Local, concorreu nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 na candidatura  nos primeiros postos da lista (cuarto) de Falange Española Independiente. Tamén ocupou o posto de director xeral na Federación Galega de Municipios e Provincias e foi contratado como asesor xurídico do concello de Cambados.

Rueda, man dereita do presidente da Xunta é un antigaleguista, como se puido ver na manifestación segregacionista contra a normalización do idioma galego onde marchou coa Falange, con persoas de extrema dereita, que agora dirixen a administración da Xunta e con Galicia Bilingüe.

Por certo, Andrés Freire , autor do texto contra o galego publicado pola Fundación FAES de José María Aznar é un dos redactores do primeiro manifesto de “Tan gallego como el gallego” ( a organización que posteriormente deu paso a Galicia Bilingüe), formou parte do PP e encargouse das relación do partido coa prensa en Vigo até a derrota das eleccións xerais do 14 de marzo de 2004. Read the rest of this entry »