PP pretende reabrir o concurso eólico para favorecer pelotazos privados?

 

O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, asegurou esta mañá nunha entrevista no francisco-jorquera-bngprograma “Bos Días”, da TVG, que se o PP reabre o concurso eólico para favorecer “pelotazos privados” terá enfronte ao BNG. Lembrou que o concurso “se resolveu con todas as garantías” e que é preocupante que o novo presidente o queira botar abaixo. Nesa liña, enfatizou que “o máis preocupante é que vaiamos ao modelo anterior, de reventa de concesións a multinacionais eléctricas de fóra”.

“Se a política de Feijoo é volver a ese modelo, o BNG vai facer unha oposición construtiva pero contundente para que non se sigan expoliando os recursos do noso país”, afirmou.

Pois semella que a realización do programa político do PP basearase en destruir país, ou sexa catro anos ighualiños á súa campaña electoral, abafante de mentiras e accións infames que aparecerán publicadas como grandes logros gubernamentais na súa poderosa plataforma mediática cun claro obxectivo: voltar á Galiza do atraso e controlada por uns poucos oligarcas.

 

Deixa unha resposta