O representante do FMLN en Cuba fala das perspectivas do Salvador
Publicado en Mundo o 22/03/2009 00:37 por Xosé AntónExpliquei hai uns días que o trunfo obtido pola Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) nas eleccións celebradas no Salvador, consolida o proceso da unión e o camiño da liberdade dos pobos latinoamericanos iniciados coa Revolución Cubana e, tempo despois, pola Bolivariana. Vinte anos de gobernos do partido de extrema dereita AREA, só lle trouxo ao pobo salvadoreño pobreza, explotación, desintegración, represión, asasinatos, desaparecidos e unha nutrida migración. Mais, con esta vitoria, chegou a hora de integrarse no desexábel desenvolvemento rexional do Sur e a axuda de Cuba e Venezuela, nestes momentos de crise, serán vitais.
O representante do FMLN en Cuba fala, nunha curta entrevista para Cubavisión, sobre as perspectivas de futuro e colaboración con outros países latinoamericanos tras o cambio político no Salvador.
![]() |
