O alcalde socialista de Vimianzo tamén pedía o voto para o PP. Era o único do PS de G que o facía?

Na pasada campaña electoral, Alejandro Rodríguez Lema,   alcalde socialista de Vimianzo, recoñeceualejandro-rodriguez-lema que, cando ía pedir o voto aos seus veciños, dicíalles que llelo desen ou ben ao PSOE ou ben ao PP. Ademais, tamén afirmou que socialistas e nacionalistas eran un matrimonio mal avido e criticou duramente a xestión do BNG para avogar polo entendemento do seu partido coas filas ‘populares’.

Agora a  dirección do PSdeG abriulle un expediente. Cousa que non se lle ve moito sentido se é a el só, xa que na campaña electoral os dirixentes socialistas  e o candidato do PSOE á presidencia sempre se trabucaron de adversario, adicándose  a facerlles de altofalante ao que eran argumentos do Partido Popular. O mesmo conselleiro de medioambiente e candidato á secretaría do PSG centrou, ao longo da precampaña e campaña, as súas  intervencións contra o concurso eólico promovido pola Consellaría de Industria, cando ese concurso significaba un triunfo para a sociedade galega que era a  realmente gañadora. Patxi Vázquez criticou  na prensa do PP a colocación dos muíños de vento na Rede Natura cando el sabía perfectamente que nesas zonas non haberá parques eólicos. Calquera afirmación nese senso era unha  pura fabulación e constituía unha tentativa de confundir á xente. E así foi.

 

Cal é a razón de que o PS de G  non contrapuxera o feito polo BNG coa enerxía eólica co que viña facendo o PP nos seus gobernos?  Acaso  tiñan  comparanza os 4.000 megavatios concedidos polo PP,  que non deixaron ningún beneficio na Galiza, e que están xestionados por empresas con sede fóra do pais, fundamentalmente de Madrid, e algunha de Bilbao?

Non lle resultaba contraditorio ao PS de G que en Madrid, onde non se produce nen un só kilovatio e ten défice en enerxía eléctrica, as empresas eléctricas que producen na Galiza paguen alí os seus impostos e non deixen nen un euro no noso pais?

E as críticas socialistas ás Galescolas, ás Normas do Hábitat, aos Planos Sectoriais de Vivenda… ninguén do PS de G se lembra delas? O ataque mediático que recibiron  as  consellarías  do BNG eran un claro acoso e derribo no que o PSOE, dun xeito ou doutro  participou, deixouse guiar por persoas  que na realidade colaboraban coa dereita española e galega.

Os resultados electorais foron debidos a múltiples causas, mais o comportamento do PS de G, trabucándose de inimigo e aliándose coas teses do PP e a súa conservadora plataforma mediática  axudaron moito, pero  moito, ao resultado que tod@s coñecemos, participando activamente no deseño para levar o PP ao goberno. Promoveu aquí as campañas anti-nacionalistas, de xestación inicial madrileña, como a referida á imposición do galego, entre outras que neste blogue xa foron  tratadas.

 Por iso Alejandro de Vimianzo non debería ser o único elemento ao que se lle abrise expediente, aínda que ao final todo quede en nada. Mais, a pesares do ocurrido, do golpe mediático, non son momentos para o desánimo, nin moito menos. Como dixo Francisco Rodríguez:

O nacionalismo é unha necesidade para Galiza. Non é indiferente a forma de encarar procesos difíceis e mesmo críticos. Non somos unha fanquicia dunha grande empresa exterior. Colectivamente enfrontaremos a situación. O BNG segue a ser o principal instrumento de defensa do pobo galego. O labor do BNG na Xunta, malia as deficiencias e eivas, ten significado acertos, dos que non imos renegar. Estase xa a comprobar como o PP está disposto a destruír ou cambiar a orientación do que o BNG ergueu. Hai mellor proba de que algún cambio houbo?

 

Deixa unha resposta