Gañou o PP grazas á campaña mediática máis suxa e máis rastreira que se recorda neste periodo democrático.
Publicado en Galiza o 02/03/2009 10:34 por Xosé AntónComo no Partido Popular non tiveron valor político para debater (non tiñan propostas políticas) só usou as mentiras, mesmo sobre a vida persoal dos candidatos nun ataque mediático golpista sen precedentes contra o nacionalismo galego.
Grazas a iso, Alberto Núñez Feijóo será o novo presidente da Xunta de Galiza. Co escrutinio rematado,
o PPdeG obtén a maioría absoluta con 39 deputados , dous máis que en 2005. O PSdeG acada 24 un menos que hai catro anos, e o BNG con 12 deputados baixa un respecto aos últimos comicios . O pobo galego entrégalle o goberno a uns conservadores que non cren na Galiza, que non teñen programa nin buscan futuro para o noso país.
Anxo Quintana di que «hai que afrontar o resultado e o BNG vai a traballar con máis forza» e que toman nota do resultado para analizalo e explicou que os nacionalistas «saímos adiante nos momentos máis difíciles».
03/02/2009 at 11:05
Pouco comentario podemos facer a estes resultados, salvo o de que vivimos rodeados dunha sociedade enferma, que cre moi pouco no noso país e que acredita máis nas mentiras que nas propostas en positivo e que a estas alturas da pelicula, aínda segue a pensar que o PP é xeneroso e respetuoso coa xente!! Que magoa GALIZA coa grande potencia que poderias ser, vai mala sorte tiveches coa maior parte da xentiña que mora sobre ti!
Anímo e forza que outros tempos chegarán!
03/02/2009 at 19:24
Ánimo miña querida amiga Rocío, que esta noite de pedra só durará 4 anos a pesar da poderos plataforma mediática.
Até a Vitoria Sempre. Venceremos