Francisco Jorquera: Queremos que sexa a voz da militancia a que guíe o futuro do BNG
Publicado en Galiza o 24/03/2009 22:27 por Xosé AntónO coordinador da executiva en funcións e portavoz do BNG no congreso dos deputados, Francisco
Jorquera, fala nunha entrevista de GZNación dos pasos que se están a dar dende o nacionalismo cara a súa Asemblea Nacional, da madura responsabilidade d@s militantes e sobre o futuro goberno da Xunta. Neste aspecto salienta dúas cousas: Alberto Núñez Feijóo en vez de explicar que medidas positivas vai a impulsar dende o Goberno para facer fronte aos problemas máis importantes que ten o país nestes momentos, como é a crise económica, o que está anunciando é o que vai desfacer e destruír. Parece que máis que ter un programa de goberno o que ten é un contraprograma do BNG.
En segundo lugar, esa mesma actitude é sintomática de que o Goberno galego saínte, cos erros recoñecidos, foi un Goberno que iniciou políticas de cambio moi importantes en Galiza, fundamentalmente impulsadas polo BNG, que agora pretenden ser botadas abaixo polo Partido Popular. Clica aquí para acceder á entrevista.