Francisco Jorquera: o PSOE fixo acusacións perversas ao BNG de imposición do idioma galego

O coordinador da Executiva Nacional e portavoz parlamentar do BNG no congreso dos deputados, francisco-jorqueraFrancisco Jorquera, afirmou que a forza á que pertence «nunca cometeu o erro de confundirse de adversario principal». Algo que si fixo  «En política non se pode ser covarde e houbo quen dixo en metade de campaña –en relación a afirmacións do candidato socialista, Emilio Pérez Touriño, nun mitin– que apelaba aos votos para ter un apoio maioritario e gobernar sen ataduras e garantir que non se aplicasen políticas de imposición idiomática. Afirmar isto é tanto como dar a razón ao adversario político principal, que nós tiñamos claro que era o PP», reprochou.

Engadiu que esta actitude significa «facerlle campaña á única forza política que podía gobernar con maioría absoluta e desacreditar a única alternativa posible», así como «dar por bos os seus argumentos» acerca de que existe imposición lingüística na Galiza, algo que é «unha falsidade». Ademais, lembrou  que tanto o departamento de política lingüística como o de educación foron xestionadas polo PSDEG na lexislatura que termina. Para acceder ao resumo da entrevista clica aquí

 

 

Deixa unha resposta