Forte reestruturación no Goberno Cubano que causa sorpresa no mundo

A Axencia Informativa Latinoamericana, Prensa Latina transmitiu unha nota oficial que relata o profundo cambio na constitución do gabinete de Raúl Castro ao decidir fusionar varios ministerios e sacar de cubapostos clave ás figuras máis destacadas do poder executivo dese país, como son os casos do ministro de Relaccións Exteriores, Felipe Pérez Roque, e Carlos Lage, quen xa non estará á fronte da Secretaría do Consello de Ministros.

 Indícase na nota que os cambios teñen a intención de facer ao goberno máis compacto e funcional. O anuncio do Consello de Estado tamén destaca que a decisión de Raúl Castro está «en consonancia» coa súa idea lanzada o 24 de febreiro de reducir e reestruturar a administración do Estado. Nota completa de Prensa Latina

 

Deixa unha resposta