Feijóo volta ao tardofranquismo atacando o idioma galego e a Mesa prepara resposta

O futuro presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que non quere ningunhaartigo_camisola_goza «imposición» lingüística en clase, polo que asegurou que se acabaron as galescolas» e volverán as escolas infantís nas que os pais elixan a lingua na que estuden os seus fillos. Feijóo explicou que estes cambios educativos comezarán a producirse coa derrogación do decreto do galego.  

Preguntado acerca de como se poderá compaxinar a opción que elixan os pais, no caso de que non coincida, Núñez Feijóo destacou que o que non se pode facer é «duplicar o sistema educativo» porque os recursos económicos «non son ilimitados», polo que opinou que «o mellor é non anticipar» e xa se fará o axuste cando se expoña a súa necesidade.

Ante da ameaza do PP de derrogar o decreto que promove o ensino en galego, a Mesa pola Normalización Lingüística prepara unha manifestación en defensa do noso idioma en Santiago de Compostela durante o mes de maio.

Posiblemente ( é unha suposición miña) sexa o domingo 17 de maio. Para saber máis é conveniente que accedas a súa web

 

Deixa unha resposta