Coa MESA e Avelino Pousa Antelo adiante co noso propio idioma
Publicado en Galiza o 28/03/2009 16:47 por Xosé AntónHoxe sábado, 29 de marzo, no auditorio de Galiza en Compostela, A Mesa pola Normalización
Lingüística celebrouse a súa asemblea xeral ordinaria de socias e socios.
Os principais puntos a debate foron a ratificación das altas e baixas do último período, o exame e aprobación do informe de xestión e do informe de contas, así como a aprobación da liña de actividades e do orzamento para o próximo exercicio. Aprobáronse nesta asemblea dous órganos directivos, a Comisión Permanente -que funcionaba até o de agora como único órgano, e que pasará chamarse Xunta Directiva- e a Coordinadora de Zonas para afortalar o traballo comarcal e local nesta nova etapa.
Ademais, no último punto da orde de traballos, a asemblea debateu o texto do manifesto que se promoverá para a mobilización nacional do 18 de maio en Santiago de Compostela.
A Asemblea mantivo nos seus cargos por outros tres anos a Callón, Fran Rei e Iria Taibo, presidente, vicepresidente e secretaria da Mesa, respectivamente. Así mesmo, nomeou por unanimidade a Avelino Pousa Antelo ‘Presidente de honra’. “Aos seus 94, case 95 anos, sempre está nos actos”, salientou Callón, quen incidiu no “vencello entre xeracións” que supón a súa presenza na Mesa
Sinalou o presidente da Mesa, Carlos Callón, que hai medios de (in)comunicación, grupos de poder, que non queren deixar chegar a certos lugares a mensaxe da Mesa, mais subliñan a necesidade de tecer unha rede social de base para poder contrarrestar todo isto. Pois adiante!