Camiño da Asemblea Nacional. Km 0
Publicado en Galiza o 25/03/2009 00:39 por Xosé AntónEstes días sae moito Beiras na prensa, tanto da internet como na impresa e fala sobre a “refundación” do Bloque Nacionalista Galego
O líder dos irmandiños aposta porque todos os militantes que queiran poidan votar na Asemblea Nacional do BNG, polo que dende esa corrente (agora crítica) lembran que cómpre pagar as cotas antes do 31 de marzo, xa que ese “ martes día 31 de marzo remata o prazo para poñerse ao día no pago das cotas ao BNG e poder participar na Asemblea Nacional”. E logo, até de agora non as pagaban?
Mentres, outros sectores da frente política insisten en que se deben votar as listas de delegad@s nas asembleas comarcais. Dese xeito cada grupo, candidatura ou militante de xeito individual poderá explicar á militancia da súa localidade e comarca o seu parecer ou como desenvolver este novo camiño que queda por adiante. Dese xeito cada militante terá coñecemento necesario para acadar unha opinión suficientemente formada de cada proxecto a debater e votar na Asemblea Nacional.
O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego aprobou que un mínimo de 2.500 militantes participen na Asemblea, o que permitirá que podan asistir @s militantes que o desexen. Por iso tamén entendo que, ao haber suficiente continente para expor as ideas (con ese número de militantes ninguén quedará excluído, agás quen non queira participar) sería acaído que se debatera anteriormente en todas as asembleas comarcais os contidos das teses e programa a realizar. Non se debería usar a Asemblea Nacional como un espontáneo escenario onde alguén, con grandes dotes de interpretación dramática, fixese de actor – paracaidista, mais sen máis contido real que arengar «ás masas» e co agravante de non debatelo anteriormente c@s compañeir@s de localidade e comarca.
03/26/2009 at 16:49
As Asembleas Comarcais non poden ser un filtro de ideas, nin de críticas, nin de persoas… que é o que foron nos derradeiros anos.
03/26/2009 at 21:47
Dubido que sexa como ti dis. É máis, nunca se cumpriron as enchentes de militantes que se dicía que ían presentarse. Na pasada aínda faltaron unhas 300 persoas. Nesta, se van todas as persoas que sexan delegadas, sería a máis numerosa. Tamén dubido que na miña comarca cheguen a cubrirse as prazas «convocadas». Desexo trabucarme, mais…
Ti dis que non deben ser un filtro, nin tampouco a Asemblea Nacional un penoso exemplo de uso mediático, no que o máis importante sexan os xestos sen contido, por quen non participa no funcionamento da frente política e patrocina campaña antiBNG (lembra o de votar con B). Por certo, para algo existen as Asembleas Comarcais. Todas as persoas que van á Nacional deben ou deberían participar nos debates comarcais, non chegar á Nacional como aparecidos paracaidistas, de xeito similar ao que fixeron os partidos españolistas na campaña electoral galega con políticos de Madrid.