Autocrítica e lealdade: Paco Rodríguez explica as causas dos resultados electorais na Galiza neste artigo de obrigada lectura
Publicado en Galiza o 08/03/2009 03:27 por Xosé Antón…o BNG, sen dúbida o único que tivo intención de realizar políticas diferentes ás do pasado. Non se
pode negar que iniciou a aplicación de importantes medidas de carácter estratéxico (Banco de terras, Lei de Montes, Seaga, reorientación da política enerxética…). Os efectos só se podían visualizar a medio ou longo prazo. Tamén comezou a sentar as bases dun sistema de benestar (Consorcio), contando co uso da lingua nacional (Galescolas). A hostilidade manifesta dos medios de comunicación hexemónicos de dentro e fóra de Galiza foi visceral, dentro da súa liña manipuladora sobre os “excesos identitarios” e a suposta imposición do galego. Non faltou tampouco o colaboracionismo do sindicalismo estatal no balbordo. Sen dúbida houbo intención, manifestada en normativa, de mellorar a calidade das vivendas e de potenciar a de iniciativa pública, contestada polo sector da construción. Son un pequeno botón de mostra… Artigo completo Tamén aquí