As difamacións do PP contra Lourdes Rei en Carballo. Os políticos do PP deben dimitir por MINTIREIROS!

 
Ocorreu en toda Galiza nestas pasadas eleccións , o Portavoz Nacional e candidato á presidencia dlourdes-reia Xunta de Galiza, cargos políticos e militantes do BNG recibiron uns ataques despiadados, cheos de mentiras e infamias no que se visualizaba un claro obxectivo: desprestixiar ao BNG para voltar á  Galiza do atraso, da mentira, co apoio da poderosa plataforma mediática do PP. A oligarquía xa estaba farta  da Galiza orgullosa de si mesma. Co apoio deses poderosos medios e cos instrumentos máis porcos que se coñecen dende a etapa democrática, gañou o PP as eleccións. Non fai falla explicalo, xa coñecemos os infames ataques que soportou Quintana na rematada campaña electoral.
Mais tamén foron os concellos – entre eles o concello de Carballo – onde o nacionalismo recibiu falsas acusacións cun suposto  triplo obxectivo: desprestixiar ao BNG na corporación municipal (facer crer o falso concepto de que todos os políticos son iguais, entre eles os do BNG); un ataque á honestidade persoal dos membros do grupo do goberno e, por último, a desmobilización dos sectores sociais obxectivamente interesados en que se profundaran as políticas transformadoras, impulsadas polo nacionalismo desde a súa chegada ao Goberno da Xunta de Galiza.

Onte, sábado, o Consello Local do BNG reclamaou a renuncia do portavoz popular do PP de Carballo, polas súas falsas acusacións relativas ao uso do teléfono da concelleira Lourdes Rei para facer chamadas aos números do tarot. As mentiras do PP axiña se desmontaron, pois as chamadas realizadas por Lourdes Rei foron feitas en relación ao seu traballo como concelleira delegada nas áreas da súa competencia no concello de Carballo. Outras, nun momento puntual,  por unha situación familiar moi grave.
 Esta concelleira non desexa que as difamacións e insultos que cuestionaban o seu labor afecten á honestidade e transparencia que caracteriza o traballo do BNG no goberno, e renuncia ao cargo de concelleira para poder defenderse das falsas acusacións do PP. Subliña o BNG que respecta esa decisión, enmarcada no seu compromiso coa cidadanía. O BNG de Carballo lembra que quen acusa inxustamente debe asumir responsabilidades: “Non se pode impunemente dicir que o teléfono da concelleira foi utilizado para realizar chamadas ao tarot, non se pode impunemente estar instalado nas mentiras”.

Por iso o Consello Local del BNG solicita a dimisión de Alberto Sueiro «por facer acusacións a Lourdes Rei de realizar chamadas telefónicas a números de tarot que nunca se produciron».

Dese xeito e se é tan democrático como lle pide aos demais, Alberto Sueiro debe asumir a súa responsabilidade diante das mentiras e acusacións feitas. Non soubo o PP ter límites nin decoro político, primeiro fixo falsas acusacións e tempo despois di que ninguén se mete en que se fagan chamadas persoais. Ese foi o único erro que cometeu Lourdes, por certo, por motivos familiares moi graves dos que membros do Partido Popular tiñan coñecemento.

A Lourdes só nos queda amosarlle todo o noso apoio polos duros momentos que pasou, soportando tanta infamia polos escuros intereses  dun novo e reaccionario  tardofranquismo.

 

Deixa unha resposta