Arrinca unha nova e madura etapa do nacionalismo en Galiza
Publicado en Galiza o 14/03/2009 21:38 por Xosé AntónRematado un longo e denso Consello Nacional do BNG, sublíñanse por rechamantes varias novas:
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, anunciou esta mañá no seu discurso ante o Consello Nacional, a demisión da actual Executiva Nacional, a súa renuncia a presentarse como Portavoz Nacional no vindeiro proceso asemblear e a convocatoria dunha Asemblea Extraordinaria da formación frentista para o 10 de maio. O debate serviu para pór de manifesto o espíritu de unidade e o grao de cohesión interna que se vive na formación frentista. As apelacións á necesidade de reforzar o proxecto nacionalista como único instrumento para conseguir a emancipación nacional e social de Galiza foron unha constante na práctica totalidade das intervencións.
Mentres,o Colectivo Movemento pola Base anunciou despois da reunión do Consello Nacional o que xa se sabía : escíndese da fronte nacionalista. Unha parte desta corrente (MpB) queda no BNG e outra vaise entre acusacións de personalismo dos propios integrantes desta corriente.
Por outra banda, a Asemblea Nacional Extraordinaria celebrárase polo sistema de delegad@s, non obstante nela participaran non menos de 2500 delegadas e delegados, unha mostra do desexo da dirección nacionalista de propiciar unha asemblea de participación masiva.