América do Sur e Centroamérica avanzan pola esquerda desfacendo ataduras cara a transformación social dos seus pobos

 

O trunfo obtido pola Fronte Farabundo  Martí para a Liberación Nacional (FMLN) nas eleccións integracion-do-surcelebradas este domingo no Salvador, consolida o proceso da  unión e o camiño da liberdade dos pobos latinoamericanos iniciados coa Revolución Cubana e, tempo despois, pola Bolivariana. A Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) gañou nas eleccións presidenciais celebradas onte no Salvador.  Co 92,02 por cento das actas de votación escrutadas, Mauricio Funes do FMLN obtiña o 51,2% dos votos, mentres o adversario, Rodrigo Ávila, do partido gobernante Alianza Republicana Nacionalista (AREA), obtivo o 48,7%, dixo o Tribunal Supremo Electoral (TSE).

Vinte anos de gobernos do partido de extrema dereita AREA, só lle trouxo ao pobo salvadoreño pobreza, explotación,  entreguismo, desintegración, represión, asasinatos, desaparecidos e unha nutrida migración. Mais, con esta vitoria, chegou a hora de integrarse no desexábel  desenvolvemento rexional do Sur, na transformación integral sudamericana que lidera, neste capítulo da historia, Venezuela.

Deste  camiño de liberdade que percorre Centroamérica e Suramérica,  tivo a súa considerable parte de culpa o avance que a Revolución Cubana iniciou hai cincuenta anos.  Serviu  de pulo para os momentos de auxe actuais da esquerda en América do Sur, ademais de ser un espello da igualdade e xustiza social anticolonialista onde reflectirse,  resultou un paso moi importante, case 50 anos máis tarde,  para a América Latina e o Caribe.  No fundamental, pola consolidación e ampliación dos diferentes procesos de transformación social, política e económica que teñen lugar na rexión, caracterizándose, ademais, polas posicións independentes e de defensa da soberanía nacional que se fixeron patentes en diferentes momentos ao longo do actual  período. Primeiro a Revolución Bolivariana de Hugo Chávez, en Venezuela coa Quinta República, Brasil (Lula Dasilva) despois Bolivia (Evo Morales), Ecuador(Rafael Correa), novo  xeito de facer política (Kischnerismo) en Arxentina, recuperación do poder Sandinista en Nicaragua (Daniel Ortega), Paraguai (Fernando Lugo), Uruguai (Tabaré Vazquez)…e agora o FMLN con Mauricio Funes  á cabeza.

A política imperialista dos USA fracasou estrondosamente nos seus intentos de frustrar os distintos procesos de soberanía mediante presións, ameazas, chantaxes, utilización da violencia e subterfuxios de todo tipo, pondo en práctica conspiracións e conxuras en complicidade cos  seus servidores das oligarquías locais.

Parafraseando  a Fidel Castro, podería dicirse que o futuro  de América do Sul tiña que ser, necesariamente, un futuro de  mulleres e  homes de ciencia e de pensamento, e semella camiñar nese senso

 

 

 

2 Comentarios

  1. Parece ser que existe unha parte do mundo, na que o sentidiño comeza a instalarse na cabeciña das súas xentes!
    Ogalla sexa por moito tempo e ogalla aprendamos neste noso mundo das súas positivas experiencias!

  2. Ola Rocío:
    canto temos que aprender destas revolucións silenciosas, pero intensas que se sustentan nas maiorías sociais, verdade?
    Mais tamén tivo que chegarse á interiorización e á internalización do rexeitamento da represión, da explotación das mesmas maiorías. Cando cheguemos nós botamos por fóra.
    Un bico dende Granada que xa subo mañá

Deixa unha resposta