Agora que imos amodo, imos descubrir as mentiras da campaña electoral na Galiza

Transparencia e verdade fronte á campaña de difamación e mentiras do PP.

Doe a derrota socialista e nacionalista nas recentes eleccións ao Parlamento Galego, polo seu significado. Pois a perda dun escano nas filas socialistas pode entenderse, mais non é así na bancada nacionalista. Porque? Pois por ser debida esta derrota ao que se fixo ben ou moi ben e non ao que non se fixo. Perdeuse por levar adiante  uns cambios transformadores na Galiza realizados polo BNG no goberno. Por iso recibiu uns ataques despiadados, cheos de mentiras e infamias. Só había unha elección posíbel; a Galiza do atraso, da mentira, da poderosa plataforma mediática do PP ou a da Galiza orgullosa de si mesma. Co apoio deses poderosos medios gañou o retorno ao pasado.

Rematada a campaña electoral que acabou cun Partido Popular ultraconservador  na Xunta  (que podemos chamar a  campaña da difamación e mentiras impulsada polo PP e a súa plataforma mediática contra o BNG,  que tiña como obxectivo a desmobilización dos sectores sociais obxectivamente interesados en que se aprofundaran as políticas transformadoras impulsadas polo nacionalismo desde a súa chegada ao Goberno en 2005) podemos amosar con argumentos claros e con tempo suficiente como se chegou ao (negativo para Galiza e a democracia) resultado final.

Para entender o que pasou é moi útil termos en conta tod@s as seguintes informacións:

Encontro cos maiores en Oia.

A plataforma mediática do PP presentou este encontro como un mítin organizado polo BNG. Primeira falsedade. Foi un acto organizado pola Confederación Galega de Maiores. A seguir dise que os maiores foron levados a Oia enganados polo BNG. Segunda falsedade. Só un 5 por cento dos maiores que se desprazaron a Oia non coñecían que no seu programa de actividades estaba contemplada unha charla de Anxo Quintana. A responsabilidade dese descoñecemento só se lle pode imputar aos organizadores do acto, a Confederación Galega de Maiores, e nunca ao BNG como as plataformas mediáticas e o PP fan sistematicamente.

Anxo Quintana, aínda que o BNG non tiña nengunha responsabilidade na organización do evento, non tivo o menor reparo en apresentar as súas desculpas ás persoas, moi poucas, que se puidesen sentir incomodadas pola súa presenza.

 

Fotografía de Anxo Quintana con Jacinto Rey.

Esta fotografía foi apresentada fraudulentamente polas plataformas mediáticas do PP como tomada no verán pasado. Falsedade absoluta. A fotografía ten máis de catro anos e xa fora publicada en 2005 polo Correo Gallego sen que daquela producise o menor balbordo. É obvio que o líder do nacionalismo galego tiña e ten non o dereito, senón a obriga de se relacionar cos empresarios máis relevantes do País co obxectivo de os comprometer a criar riqueza en Galiza. Jacinto Rey foi cualificado polo candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta como “amizade perigosa”. Ese criterio non o comparten o Goberno do Estado nen o concello nen a comunidade de Madrid que acaban de adxudicar á empresa de Jacinto Rey a operación urbanística de maior orzamento da historia.

Fraude do gabinete de prensa do PP

Para máis inri, as fotografías de Anxo Quintana con Jacinto Rey foron transmitidas a todos os medios de comunicación por un xornalista do gabinete de prensa do PP. Este xornalista elaborou un power point con esas fotografías, mais cometeu un erro: non eliminou o seu nome do documento (ficou gravado nas propiedades do power point). E non contento con iso criou fraudulentamente un correo en gmail usurpando o nome da nosa organización: enviou o power point desde un bng.madrid@gmail.com.

 

Accidente de Anxo Quintana

A suxa campaña do PP contra o BNG alcanzou o paroxismo o mércores 25 de febreiro, cando “fontaneiros partidarios” hackearon a páxina web de Europa Press para pendurar unha noticia falsa, a de que Anxo Quintana sufrira un accidente e, consecuentemente, se vira obrigado a suspender a súa axenda electoral, que incluía un encontro con mozos. Pretendíase así sabotar a participación dos xóvenes neste encontro. Europa Press nunca sufrira a sabotaxe da súa páxina web.

José Luis Baltar en Ourense

Baltar insinuara durante un mitin que Anxo Quintana era un maltratador. «Se Touriño tivera vergoña a este señor tería que cesalo porque non hai dereito que con quen é o encargado de coidar das mulleres se dean os feitos que se dan. Algúns xa saben do que falo. Puxemos ao rato a coidar do queixo.

La Voz de Galicia e o seu ataque partidario sen cuartel contra as consellarías do BNG

Fago miñas as palabras escitas nun artigo que aparece Nas Terras de Pondal onde se criticaba que ese xornal “indePPendente”,  publicara, disfrazadas de noticias, as insidias máis grandes sobre un proceso no que semella que o Grupo Voz non obtivera o que desexaba. Despois de calar nunha adxudicación escura e sen garantías (a última boicozfeita por Fraga) atacaran día si e día tamén contra unha concesión pública, cun decreto coñecido de antemán e no que o erario público recibe o 14% (fronte ao 0% do anterior). Sen embargo, para o último xornal “indePPendente”, iso non aforrou críticas inxusfificadas ao longo da campaña e mesmo o día de reflexión. Ese xornal cometeu as maiores e indignantes das inxustizas mediáticas. Mais xa comezara antes

 

 

8 Comentarios

  1. Subiela, amigo, a loita continúa, até a vitoria sempre! Non te rendas!

  2. Non se pode cualificar como rendición a tristura temporal dos erros cometidos polo teu pobo. Estamos de pé, aínda que doídos e agardando catro anos máis para ser unha potencia.
    Viva Galiza Sempre

  3. Estannos ben empregado por querermos salvar a un pobo de cabróns como é o pobo galego, por querermos dotar de conciencia nacional a un pobo que quere perder o caracter de pobo, a un pobo suicida que quer perecer como tal pobo, que quer ser gobernado por alleos, educado por alleos, caso único no mundo, caso insólito, pero flagrante, patente, palpábel. E por moito que fagamos non conseguiremos impedir o suicidio de Galiza, non poderemos deter este instinto fatal que a leva á morte e ao anegamento na noxenta e asquerosa hespaña.
    Vicente Risco, 1921

  4. Si, meu amigo Carlos, sen dúbida a dor que sae neses fermosos e duros parágrafos son acaídos, mais a revolución silenciosa nunca xurde da nada, nin é cousa doada arrebatarlle o poder a oligarquía que, coa súa plataforma mediática, pretende que o poder estea en mas duns poucos “elixidos” que pretenden usar o poder de xeito dexenerado e negativo e que posúen estandares éticos máis que dubidosos. Igual que a devandita plataforma mediática colabora interesadamente en manter na desinformación ao noso pobo.
    Certo que non é só a desinformación, pois xente teoricamente ben formada colaborou, dun xeito ou doutro na vitoria dos desalmados. A ver se agora, dunha vez por todas o galegos aprendemos e usamos a memoria axeitadamente. Pois, respecto da súa capacidade, calculouse o cerebro humano pode almacenar información que enchería uns vinte millóns de volumes, como nas maiores bibliotecas do mundo. Algúns neurocientíficos calcularon que en toda unha vida utilízase só unha diezmilésima parte do potencial do cerebro. Agora deberiamos entrenalo, tamén as persoas formadas e sensibilizadas para conseguir un mundo máis xusto na Galiza para que os cabróns que subliña o escrito tamén entendan necesario salvarse.

  5. Ola a todos. A verdade que estou bastante fodido. Comparto todas e cada unha das
    verbas que saen dos vosos comentarios, e súmome a ese sentimento de dor por un
    traballo de catro anos guindado ó lixo, e por unha etapa de volta a escuridade
    social, política e sentimental na que nos vai a asolagar a dereita máis noxenta
    herdanza do franquismo e do fraguismo. Eu teño varios defectos, entre eles están
    non ser diplomático e pasarme de sinceiro. Cando ves que a forza política que
    che representa ou se cabe, coa que tes máis afinidade ou simpatía, perde máis de
    60.000 votos nas recentes eleccións, lóxicamente e como mínimo, débese reflexionar
    sobre cales foron ou puideron ser as causas a lo menos de non manterse nos votantes
    que apoiaron o bng fai catro anos. Dende a miña humilde posición, sigo decindo que
    non se pode obviar ós afiliad@s e para temas de importancia que teñán só dererito
    a voto os delegados comarcais, pois a base dun sindicato, e a dun partido político
    son os seus afiliados que teñen que contar para todo, para o bó e para o malo.
    Tanto o psoe como o bng, foron incapaces de facer fronte á campaña máis suxa e de
    desprestixio que o PP lles argallou na historia das eleccións galegas, e Quintana
    emitíu a frase célebre (aludindo a Feijoo) ” señor Feijoo vostede non será presidente da Xunta de Galicia, por que non é capaz de ser presidente nin da súa comunidade de veciños”
    e a Quintana, para desgracia de todos nós, estaloulle a escopeta nas mans.
    Logo veñen os temas das psicifactorías, e dos gastos “dubidosamente xustificados”
    polo psoe (o noso socio aínda que non nos goste) no goberno galego, dun superaudi e dunha fiestra que oculta o sol (en Santiago) que ten 50 días de sol ó ano e que costou creo preto de 150.000€. Por se fose pouco, e con esto remato, dende o meu ponto de vista o maior
    erro do bipartito foi aceptar a trampa e a falcatruada que o dinosaurio de Fraga
    lles puxo co Monte Gaiás, e caeron nela de pleno, ademáis de ver que cando ocupaban
    as novas consellerías tiñan hipotecadas as partixas para anos vindeiros polo
    despilfarro feito polo goberno do PP, no decurso dos últimos 16 anos de dictadura
    democrática na Galiza. Non vos raio máis, dicer, que a derrota do bng é a miña
    derrota, e reitero, as veces aparte de sen honrado hai que parecelo.
    Campaña elctoral eterna: terra, lingua e patrimonio.
    Esperta do teu sono, nazón de Breogán.

    Patria ou morte!

    Nando

  6. Vale Fernando, mais iso non deixan de ser case anécdotas do traballo ben feito no Goberno. Erros, actitudes trabucadas? si, mais os erros non poden tapar os enormes acertos. E ti dis que as actitudes erradas taparon as accións acertadas en defensa do noso país e na busca dun futuro sustentábel. Todo ía bastante ben, coas dúbidas que todas e todos podamos ter, até que unha enorme plataforma mediática asolagou aos votantes a base de mentiras, falsedades, etc. que buscaron tapar a corrupción que unha investigación xudicial atopou no PP. vaia! que casualidade que nesa platagforma de desinformación non saíse nada diso na campaña. Tamén hai erros que o BNG, igual que calquer institución, partido ou estamento pode ter, e hai que correxir. Pero coidado coa autoflaxelación nin o hipercritiquismo, non leva a ningures. E os erros do PSOE non son do BNG, cada un cos seus.

  7. O bng formou un goberno bipartito en coalición co psoe, co único e prioritario
    obxetivo inicial, de sacar do poder o PP. Unha vez acadado isto, cada partido
    repartíuse as consellarías, e, dende o meu punto de vista, as asignadas ó bng
    acadaron o maior número de proxectos e éxitos, pero iso, non implica que ó longo
    destes catro últimos anos o bng, tivese que pagar os desacertos e erros do psoe
    entre eles o de non facer fronte á campaña eleitoral de acoso e derrubo que lle
    preparou o PP, por qué non se defendeu o bng contundentemente? na miña opinión
    Subiela non existe autoflaxelación nin hipercritiquismo, se non reflexión de
    por qué o bng perdeu preto de 60.000 votos nestas eleccións, e unha vez que se
    saiba, actuar en consecuencia para correxir o rumbo. Cando asumes que estás no
    poder cun socio que goberna según lle ven o vento, é dicir cun partido español
    que se debe a un proxecto español, nos goste ou non, hai que asumir as
    consecuencias, e polo tanto para min os erros do psoe foron a clave da baixada
    do bng nestas eleccións. Eu nin son político, nin teño experiencia neste eido
    pero como votante do bng dende que teño 18 anos, creo que no seo desta formación
    política, (como acontece noutras esto non é novo)existen voces discordantes e
    ramificacións políticas a lo menos diferentes. Poñámonos os da casa 1

  8. ….de acordo, e despóis fixemos o programa e o xeito de actuar nun futuro.
    Eu estou tan doente coma vós de perder as eleccións. Se nalgún intre algún se
    sentíu ofendido polos meus comentarios pídovos desculpas, non pretendo convertir
    este blogue no espacio onde verquer todo o que se me pasa pola mente. Unha aperta
    e ánimo.

    Nando

Deixa unha resposta