Agora é cando protestan polo fanatismo. Agora é tarde

Comezan a protestar polo que pretende facer o PP, tarde piaches amighiño galego. Agora o PP fará asmanipulacion-nunca-mais falcatruadas de antes? Pois todo indica que si.

Protestan polas mentiras de Feijóo: Alberte Núñez Feijóo decantouse por un modelo de Citroën que se fabrica en Francia, un C6, cuxo prezo supera os 120.000 euros. Se cumprise a súa promesa electoral e elixise un dos modelos que se elaboran na fábrica de Vigo, como a C4 Picasso, aforraríalle á Xunta máis da metade. Mais agora protestar só serve para iso, protestar nun pobo cabrón,  como dicía Carlos Concheiro:

«Estannos ben empregado por querermos salvar a un pobo de cabróns como é o pobo galego, por querermos dotar de conciencia nacional a un pobo que quere perder o caracter de pobo, a un pobo suicida que quer perecer como tal pobo, que quer ser gobernado por alleos, educado por alleos, caso único no mundo, caso insólito, pero flagrante, patente, palpábel. E por moito que fagamos non conseguiremos impedir o suicidio de Galiza, non poderemos deter este instinto fatal que a leva á morte e ao anegamento na noxenta e asquerosa hespaña”.
Vicente Risco, 1921

 

Comunicado dos traballadores do Consorcio Galego de Benestar
As críticas do vindeiro presidente da Xunta non sentaron nada ben entre os principais afectados e aludidos: os traballadores e traballadoras do Consorcio que fixeron público un comunicado de sete puntos este venres onde manifestan o seu malestar polas declaracións dos dirixentes populares, e poñen en valor tanto o seu labor profesional como o do propio sistema.
«A ‘eficiencia’ do Consorcio tense demostrado coa implantación, posta en marcha e xestión, nos últimos dous anos, de equipamentos de servizos sociais no territorio galego, que tiña antes a dubidosa honra de situarse á cola de todas as estatísticas en canto a ratios de cobertura de servizos sociais», afirman.
Consideran neste senso que o Consorcio «contribuíu, de xeito importante a darlle volta a estas estatísticas» para se achegar á «media estatal e europea». «Está é a falta de eficiencia?», cuestiónanse. Ademais, afirman que «é unha mágoa que un instrumento que está a vertebrar unha rede de equipamentos públicos (…) sexa considerado como un ‘problema’.  

As declaracións do futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, sobre o ensino preocupa ao profesorado.

Moitos recoñeceron que non foron votar tan sequera, agora láianse polas reformas que promete o PP, tamén no sentido de que os pais poderán escoller a lingua na que serán educados os seus fillos «é unha involución histórica, lingüística e educativamente»: «Quen vai garantir, logo, que ao remate dos seus estudos os alumnos teñan competencia comunicativa tanto en galego como en español?»

Feijóo defenderá aos traballadores de Citroen en caso dun ERE

Recolle un xornal, que os coches  utilizados por Feijóo nestes últimos tres anos desde que se proclamou presidente do PPdeG, campaña electoral incluída, foron cedidos pola fábrica viguesa de balde. “Non é a marca, senón a fábrica de Vigo a que lle proporcionou a Feijóo locomoción gratis durante os últimos tres anos”.

O portavoz do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, subliñou nun artigo da Nosa Terra que “o máis grave é que ese préstamo lle impide defender os dereitos dos traballadores de Citroën de Vigo. De parte de quen se vai pór cando se presente un ERE?, pregúntase o portavoz nacionalista  no Parlamento Galego .

 Pola súa banda, a socialista Mar Barcón preguntouse, “como é posíbel que unha empresa que recibe cartos públicos para evitar despedimentos preste coches?”.

 Unha asociación que si o tiña moi claro:

Chamamento a unha manifestación histórica
A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou un calendario de mobilizacións que se marcan o obxectivo de fortalecer a defensa do galego. A primeira das citas será o vindeiro luns nove de marzo, ás sete do serán, na compostelá Galería Sargadelos. Alí celebrarase unha xuntanza aberta, á que están convidadas todas aquelas persoas interesadas, que pretende promover unha reflexión común e acordar as iniciativas que sexan oportunas para traballar a prol do idioma. Ademais, o vindeiro 18 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral da Mesa, na que tamén se decidirán as accións futuras da organización.

Doutra banda, o colectivo xa está a organizar a tradicional manifestación do vindeiro 17 de maio, unha concentración que este ano agardan que sexa histórica. «Non consentiremos este paso atrás», di o presidente da Mesa Carlos Callón, polo que «imos movernos e estar atentos e vixilantes ante calquera actitude ou tendencia a mudar para peor a política lingüística do país». Na convocatoria do ano pasado sumáronse a esta manifestación un total de 585 colectivos e unhas 25 mil persoas e o obxectivo desta edición é superar aquela participación.

  Tamén informou Callón  de que a Mesa solicitará unha xuntanza co novo goberno en canto tome posesión, tanto co seu presidente, como cos responsábeis de educación como de política lingüística.

 

 

 

 

Tamén, recordan que o Parlamento aprobou unha Lei de Servizos Sociais onde «explicitamente se recolle» que «o Consorcio, rexido polos seus estatutos, promoverá a coordinación e cooperación efectiva cos concellos galegos, a fin de asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais en todo o territorio» de Galiza. Pregúntanse, xa que logo se «está prevista a derrogación desta lei».

 

 

E agora CC.OO tamén protesta, até agora falaba mal do BNG. Vaia elementos: José Manuel Sánchez Aguión afronta a nova etapa como líder sindical de CC.OO na Galiza con “preocupación”, e asume que a vitoria dos populares na Xunta dificultará o diálogo coa Administración galega. O sindicalista collerá os mandos da organización a vindeira semana despois do Congreso de Santiago de Compostela.

 

Deixa unha resposta