A necesidade de frear un novo tardofranquismo ultraliberal na Galiza
Publicado en Galiza o 09/03/2009 22:19 por Xosé AntónO anuncio do novo (aínda futuro) presidente da Xunta de Galiza de privatizar o Consorcio Galego de
Servizos Sociais para voltar ás políticas- negocio con empresas privadas xestionando servizos públicos, como xa anteriormente fixeron de xeito salvaxe coas infraestruturas públicas é necesario paralas. Entendo que isto é compartido polos sectores progresistas da sociedade galega.
Tamén o anuncio de Núñez Feijóo de suprimir as galescolas e derrogar o Decreto do Galego no Ensino é considerada polos diversos sectores sociais unha regresión gravísima que camiña a ser unha política de guetos, pretendendo eliminar o galego das cidades, da ensinanza ou de calquera estamento público, confinando ao galego a unha situación de absoluta marxinalidade social. Só hai que lembrar que esas dúas medidas foron anunciadas por Núñez Feijóo durante unha entrevista con Jiménez Losantos e Pedro J. Ramírez, o que amosa política de submisión do PP de Galiza á dereita máis reaccionaria e fascista do estado español.
Non está demais escoitar as palabras de Suso Seixo cando expresou a súa «preocupación» pola posibilidade de que o futuro presidente recupere políticas do Goberno de Fraga que, ao seu entender, son «responsábeis» da precariedade e temporalidade que arrastra a día de hoxe o mercado laboral galego. Un campo no que, resaltou, producíronse «avances» co bipartito.»Coas galescolas a taxa de escolarización incrementou estes anos, e a asistencia aos maiores medrou máis ca nunca.
Xa estamos coñecendo pouco a pouco as alternativas regresivas que propón Feijoo para solventar a crise económica: este señoriño, ao que moitas galegas e galegas votaron para ser presidente de Galiza entende que para superar a crise hai que ir en contra da lingua do seu propio país, do noso país, como claro exemplo de auto-odio, e privatizar os servizos de benestar xa que, de facelo así, a maioría social non poderá permitirse acceder a eles debido ao seu custo económico. Camiñamos cara un novo tardofranquismo ultraliberal se a parte máis concienciada da nosa sociedade, mesmo á que non votou ou votou en branco, non se une co obxectivo de frear o deterioro das políticas transformadoras que o nacionalismo levaba desenvolvendo desde o goberno da Xunta.