A Mesa concéntrase no Parlamento Galego contra a involución do noso idioma

A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, que recentemente a-mesacelebrou a súa asemblea xeral ordinaria de socias e socios,  realizará mañá mércores/cuartafeira, 1 de abril ás 10:30 horas unha concentración diante do Parlamento galego para reivindicar que nesta nova lexislatura se adopten as medidas precisas en defensa da nosa lingua e non se produzan involucións na garantía dos dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos. A asociación fai un chamamento a todas aquelas persoas que defendan o dereito a vivir en galego a sumarse a este acto simbólico.

A Mesa quere reclamar que desde os poderes públicos se cumpra co mandato estatutario de promover a nosa lingua propia e co estabelecido por acordos unánimes do propio Parlamento Galego e que a día de hoxe aínda está sen desenvolver.

Esta entidade realizará diversos actos de rúa para que “a Xunta do PP non adopte medidas unilaterais que poidan crear unha grave fractura social” e que culminarán coa manifestación nacional convocada para o Día das Letras Galegas (17 de maio) que se celebrará  en Santiago de Compostela.


 

Deixa unha resposta