A honestidade de Lourdes Rei

 

 Comentaba hai días que Carballo  foi un dos concellos  onde o nacionalismo recibira falsaslourdes-rei acusacións,  cun suposto  triplo obxectivo: desprestixiar ao BNG na corporación, atacar á honestidade persoal dos membros do grupo do goberno e, por último, provocar a desmobilización dos sectores sociais obxectivamente interesados en que se profundaran as políticas transformadoras  impulsadas polo nacionalismo.

Supoño que ese triplo obxectivo era o que buscaba o PP de Carballo coas acusacións realizadas, na anterior campaña electoral, sobre o uso do teléfono da concelleira Lourdes Rei . Non soubo o PP ter límites nin decoro político: primeiro fixo falsas acusacións e tempo despois di que ninguén se mete en que se fagan chamadas persoais.

As mentiras do PP axiña se desmontaron, nunca se usou o teléfono para facer chamadas aos números do tarot. As chamadas realizadas por Lourdes Rei foron feitas en relación á súa actividade como concelleira delegada nas áreas da súa competencia no concello de Carballo. Outras, nun momento puntual,  por unha situación familiar moi grave da que membros do Partido Popular tiñan coñecemento.

Mais, esta concelleira, que non desexa que as difamacións e insultos que cuestionaban o seu labor afecten á honestidade e transparencia que caracteriza o traballo do BNG no goberno,  renunciará  hoxe luns ás 8 e media da tarde, no salón de plenos do Concello.

 Á compañeira  Lourdes  imos amosarlle, coa nosa presencia, todo o noso apoio nestes  duros momentos, por soportar  tanta infamia deste novo e reaccionario  tardofranquismo.

Estamos contigo Lourdes.

Saúde e Patria.

 

Deixa unha resposta