A asociación Quinta Feira e a exposición de Áreas Mariñas Protexidas

 

Xa comentamos máis veces a actividade dos blogues bergantiñáns, entre eles algún da Laracha como  o da Cutareira e o de Quinta Feira. Mais,  non se está a falar de traballo virtual, senón do que é unha actividade real que se expande tamén a través da rede para informar do que se realiza. Onte falabamos da Cutareira, que organiza a conferencia PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS que se celebrará na aula de cultura de Caixa Galicia, na sexta feira/venres 3 de abril ás 20:30 da tarde. Súmase, con este tipo de actividades, á defensa da nosa lingua, á defensa do que é o noso patrimonio cultural, que non é mellor ni peor que o dos outros, pero é noso e debemos defendelo con orgullo, con enerxía, con lealdade, como se merece.

Hoxe tócalle a Quinta Feira, unha asociación que naceu con vocación de contribuír á recuperación, baldaiodifusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación. Por iso, e enmarcado nun programa de actividades de educación ambiental que se pretende desenvolver ao longo do ano 2009, a Asociación Cultural Quinta Feira trae á Laracha unha exposición interactiva sobre áreas mariñas protexidas.

Coa realización desta exposición plantéxanse varios obxectivos:

 

·         Sensibilizar á poboación en xeral (ao público visitante) arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.

 

·         Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral.

 

·         Sinalar o papel que cada un de nós, cidadáns de todas as idades, pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

 

 

Non a perdas!

HORARIO

 

SÁBADO 4 ABRIL

 

De 6 a 9 da tarde

 

DOMINGO 5 ABRIL

 

De 12 a 1:30 da mañán e de 6 a 9 da tarde

 

Deixa unha resposta