Archive for Marzo 31st, 2009

A VIII lexislatura arrinca motores

A VIII Lexislatura do Parlamento Galego, que arrinca mañá (cuarta feira) coa constitución da Cámara, carlos-aymerich-e-bieito-lobeira terá como presidenta  a Pilar Rojo Noguera, do PP. Na mesa parlamentar o  PPdeG contará con tres postos, o BNG un e o PSOE outro. A composición final da mesa, despois da escolla do PP, sae dun acordo político entre o BNG e PSOE que permite unha representación plural non só na Mesa, senón nos outros órganos da Cámara ou nos que a Cámara ten que escoller os representantes. Agora faltan decidir sobre as comisións parlamentarias e á representación nos órganos colexiados alleos á Cámara pero cuxa formación depende do Parlamento, como o Consello de Contas ou o Consello de Administración da CRTVG.

ana-pontonPor outra parte, A Executiva Nacional (en funcións) que foi facultada polo Consello Nacional para distribuír as responsabilidades dentro do grupo Parlamentar do BNG, resolveu por unanimidade  nomear a Carlos Aymerich e Ana Pontón como portavoz e viceportavoz do grupo parlamentar nacionalista, respectivamente. O deputado Bieito Lobeira será o coordinador do Grupo Parlamentar. Estes deputados formarán parte da  equipa nacionalista que loitará para que  a chamada “brigada de demolición de Feijóo” non destrúan o Sistema Galego de Benestar, o sustentábel desenvolvemento industrial,as políticas activas de Medio Rural, os Planos de Vivenda ou da nosa Cultura.

Como vemos a política galega volve a quentar motores, mais non só pola VIII lexislatura, xa que o BNG axiña realizará asembleas comarcais onde @s militantes do BNG debaterán  as propostas de criterios e achegas de nomes para a candidatura do BNG ás eleccións europeas 

 

A Mesa concéntrase no Parlamento Galego contra a involución do noso idioma

A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, que recentemente a-mesacelebrou a súa asemblea xeral ordinaria de socias e socios,  realizará mañá mércores/cuartafeira, 1 de abril ás 10:30 horas unha concentración diante do Parlamento galego para reivindicar que nesta nova lexislatura se adopten as medidas precisas en defensa da nosa lingua e non se produzan involucións na garantía dos dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos. A asociación fai un chamamento a todas aquelas persoas que defendan o dereito a vivir en galego a sumarse a este acto simbólico.

A Mesa quere reclamar que desde os poderes públicos se cumpra co mandato estatutario de promover a nosa lingua propia e co estabelecido por acordos unánimes do propio Parlamento Galego e que a día de hoxe aínda está sen desenvolver.

Esta entidade realizará diversos actos de rúa para que “a Xunta do PP non adopte medidas unilaterais que poidan crear unha grave fractura social” e que culminarán coa manifestación nacional convocada para o Día das Letras Galegas (17 de maio) que se celebrará  en Santiago de Compostela.