A asociación Quinta Feira e a exposición de Áreas Mariñas Protexidas
Posted in A Costa da Morte on 03/28/2009 05:12 p.m. by Xosé Antón
Xa comentamos máis veces a actividade dos blogues bergantiñáns, entre eles algún da Laracha como o da Cutareira e o de Quinta Feira. Mais, non se está a falar de traballo virtual, senón do que é unha actividade real que se expande tamén a través da rede para informar do que se realiza. Onte falabamos da Cutareira, que organiza a conferencia PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS que se celebrará na aula de cultura de Caixa Galicia, na sexta feira/venres 3 de abril ás 20:30 da tarde. Súmase, con este tipo de actividades, á defensa da nosa lingua, á defensa do que é o noso patrimonio cultural, que non é mellor ni peor que o dos outros, pero é noso e debemos defendelo con orgullo, con enerxía, con lealdade, como se merece.
Hoxe tócalle a Quinta Feira, unha asociación que naceu con vocación de contribuír á recuperación,
difusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación. Por iso, e enmarcado nun programa de actividades de educación ambiental que se pretende desenvolver ao longo do ano 2009, a Asociación Cultural Quinta Feira trae á Laracha unha exposición interactiva sobre áreas mariñas protexidas. Read the rest of this entry »
Lingüística celebrouse a súa asemblea xeral ordinaria de socias e socios.