Archive for Marzo 25th, 2009

Camiño da Asemblea Nacional. Km 0

Estes días sae moito Beiras na prensa, tanto da internet como na  impresa e fala sobre a “refundación” do Bloque Nacionalista Galego

  O líder dos irmandiños aposta porque todos os militantes que queiran poidan votar na Asemblea Nacional do BNG, polo que dende esa corrente (agora crítica) lembran que cómpre pagar as cotas antes do 31 de marzo,  xa que ese “ martes día 31 de marzo remata o prazo para poñerse ao día no pago das cotas ao BNG e poder participar na Asemblea Nacional”. E logo, até de agora non as pagaban?galiza-primeiro

Mentres, outros sectores da frente política insisten en que se deben votar as  listas de delegad@s nas asembleas  comarcais. Dese xeito cada grupo, candidatura ou militante de xeito individual poderá explicar á militancia da súa localidade e comarca o seu parecer ou como desenvolver este novo camiño que queda por adiante. Dese xeito cada  militante terá coñecemento necesario para acadar unha opinión suficientemente formada de cada proxecto a debater e votar na Asemblea Nacional.

O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego aprobou que un mínimo de 2.500 militantes participen na Asemblea, o que permitirá que podan asistir @s militantes que o desexen. Por iso tamén entendo que, ao haber  suficiente continente para expor as ideas  (con ese número de militantes ninguén quedará excluído, agás quen non queira participar) sería acaído que se debatera anteriormente en todas as asembleas comarcais os contidos das teses e programa a realizar. Non se debería usar a Asemblea Nacional como un espontáneo escenario  onde alguén, con grandes dotes de interpretación dramática,  fixese de actor – paracaidista, mais sen máis contido real que arengar “ás masas” e co agravante de non debatelo anteriormente c@s compañeir@s de localidade e comarca.