Archive for Marzo 22nd, 2009

As difamacións do PP contra Lourdes Rei en Carballo. Os políticos do PP deben dimitir por MINTIREIROS!

 
Ocorreu en toda Galiza nestas pasadas eleccións , o Portavoz Nacional e candidato á presidencia dlourdes-reia Xunta de Galiza, cargos políticos e militantes do BNG recibiron uns ataques despiadados, cheos de mentiras e infamias no que se visualizaba un claro obxectivo: desprestixiar ao BNG para voltar á  Galiza do atraso, da mentira, co apoio da poderosa plataforma mediática do PP. A oligarquía xa estaba farta  da Galiza orgullosa de si mesma. Co apoio deses poderosos medios e cos instrumentos máis porcos que se coñecen dende a etapa democrática, gañou o PP as eleccións. Non fai falla explicalo, xa coñecemos os infames ataques que soportou Quintana na rematada campaña electoral.
Mais tamén foron os concellos – entre eles o concello de Carballo – onde o nacionalismo recibiu falsas acusacións cun suposto  triplo obxectivo: desprestixiar ao BNG na corporación municipal (facer crer o falso concepto de que todos os políticos son iguais, entre eles os do BNG); un ataque á honestidade persoal dos membros do grupo do goberno e, por último, a desmobilización dos sectores sociais obxectivamente interesados en que se profundaran as políticas transformadoras, impulsadas polo nacionalismo desde a súa chegada ao Goberno da Xunta de Galiza.

Onte, sábado, o Consello Local do BNG reclamaou a renuncia do portavoz popular do PP de Carballo, polas súas falsas acusacións relativas ao uso do teléfono da concelleira Lourdes Rei para facer chamadas aos números do tarot. Read the rest of this entry »

 

O representante do FMLN en Cuba fala das perspectivas do Salvador

Expliquei hai uns días que o trunfo obtido pola Fronte Farabundo  Martí para a Liberación Nacional (FMLN) nas eleccións celebradas no Salvador, consolida o proceso da  unión e o camiño da liberdade dos pobos latinoamericanos iniciados coa Revolución Cubana e, tempo despois, pola Bolivariana. Vinte anos de gobernos do partido de extrema dereita AREA, só lle trouxo ao pobo salvadoreño pobreza, explotación,  desintegración, represión, asasinatos, desaparecidos e unha nutrida migración. Mais, con esta vitoria, chegou a hora de integrarse no desexábel  desenvolvemento rexional do Sur e a axuda de Cuba e Venezuela, nestes momentos de crise, serán vitais.

O representante do FMLN en Cuba fala, nunha curta entrevista para Cubavisión, sobre as perspectivas de futuro e colaboración con outros países latinoamericanos tras o cambio político no Salvador.

 
cubainformacion.tv