Archive for Marzo 21st, 2009

O idioma como conciencia, un artigo de Francisco Rodríguez para ler a conciencia.

 

Ás veces cómpre revisar ou simplesmente lembrar o pasado para comprender mellor o presente. O francisco-rodrigueznacionalismo galego prestoulle sempre grande importancia ao noso idioma, como un elemento substancial da nación. Entre 1916 (nacemento das Irmandades da Fala) e 1936 (alzamento militar fascista), un período significativo do proceso de conformación e actuación do movemento nacionalista galego, os dirixentes e mesmo os militantes da causa tiñan un comportamento tendente ao monolingüísmo en galego en canto artistas e escritores, ou nas súas actividades políticas. Nas súas relacións familiares e sociais eran bilingües-diglósicos, isto é, o galego segundo con quen, en que función e en qué ámbitos, por máis que o sentisen como o seu idioma proprio. Vivían nunha atmosfera social predominantemente galego-falante, nos usos orais e coloquiais, en contacto cunha masa labrega e mariñeira naturalmente monolingüe que, polas súas condicións de existencia, non se vía forzada a penas a facer uso do castelán. Os nacionalistas non vían entón un problema de supervivencia para o noso idioma. Vían un problema de legalidade, de cooficilidade: Ir ao artigo completo

 

Na procura dunha proposta común que relance o BNG durante os vindeiros anos.

As declaracións de Beiras, líder do Encontro Irmandiño foron recibidas, como sinala Xornal de Galicia con indiferencia, atopou silencio como resposta  ou simple apoio formal (do seu colectivo). E,  case todas as persoas consultadas preferiron non abrir un debate público sobre estas opinións para non “tersiverxar o principal, que é o traballo discreto que ten por diante todo o Bloque até a Asemblea Nacional”. A relativa tranquilidade e satisfacción xeral que acompañou á celebración do Consello Nacional do pasado sábado semella dar paso a unha etapa de activa reflexión e acción entre moitas das correntes que integran a fronte. “Ser discretos” –incluso silenciosos– á hora de afrontar a preparación da asemblea. “O contrario podería viciar o proceso”, afirman algúns destacados militantes do Bloque Nacionalista Galego, que optan por centrar o labor interno na procura dunha proalberte-ansede1posta común que poda relanzar a formación durante os próximos anos.

Todas as persoas de ben recibimos aliviadas a resposta do BNG no Consello Nacional celebrado o sábado pasado. Amosou que, a pesar da desfeita que agardaba imprimir La Coz- plataforma mediática do PP, é unha organización cunha grande fortaleza, elevado grao de unidade e responsabilidade, e que é o instrumento necesario para transformación e benestar da sociedade galega.

 

A necesidade de seguridade enerxética europea finiquita a consigna de que hai que «parar a Irán»?

Este articulo vén case como ampliación e consecuencia do anterior “Desaparecerá para sempre o obamamahmudperigoso plano do escudo antimísil estadounidense en Europa?” no que se falaba doutro tipo de seguridade.

O proxecto de gasoduto Nabucco seguirá sendo prioritario para a Unión Europea e deberá ser financiado cos recursos sobrantes do orzamento comunitario, declarou hoxe o viceprimeiro ministro da República Checa, Alexandr Vondra.

«Nabucco figura na lista dos proxectos prioritarios para a Unión Europea», comentou Vondra en rolda de prensa celebrada ao termo do cume da UE en Bruxelas.

O gasoduto Nabucco, cuxo prezo calcúlase en 7,3 mil millóns de dólares, é a futura continuación da tubaxe Bakú-Tbilisi-Erzurum (Cáucaso ) tendido cara a Turquía. A súa capacidade alcanzará entre 20 e 30 mil millóns de metros cúbicos anuais de gas. As obras deben terminar antes de 2013 e as subministracións comezarían en 2014.

As conversacións sobre a necesidade do gasoduto – se haberá suficiente gas para bombear- intensificáronse despois que estalou a «guerra do gas» entre Rusia e Ucraína a principios de 2009.

Considérase que os subministradores potenciais do gas para Nabucco son Acerbaixán, Irán, Turkmenistán e Iraq. Pero claro, Irán non goza (ou non gozaba) do visto e prace da administración estadounidense. E sen Irán o gasoduto é máis que dubidoso, tendo en conta que Rusia realiza dous, un para o sur e outro para o norte de Europa. E iso non é do gusto dos EE.UU nin da U.E. Read the rest of this entry »