América do Sur e Centroamérica avanzan pola esquerda desfacendo ataduras cara a transformación social dos seus pobos
Posted in Mundo on 03/16/2009 10:46 p.m. by Xosé Antón
O trunfo obtido pola Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) nas eleccións
celebradas este domingo no Salvador, consolida o proceso da unión e o camiño da liberdade dos pobos latinoamericanos iniciados coa Revolución Cubana e, tempo despois, pola Bolivariana. A Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) gañou nas eleccións presidenciais celebradas onte no Salvador. Co 92,02 por cento das actas de votación escrutadas, Mauricio Funes do FMLN obtiña o 51,2% dos votos, mentres o adversario, Rodrigo Ávila, do partido gobernante Alianza Republicana Nacionalista (AREA), obtivo o 48,7%, dixo o Tribunal Supremo Electoral (TSE).
Vinte anos de gobernos do partido de extrema dereita AREA, só lle trouxo ao pobo salvadoreño pobreza, explotación, entreguismo, desintegración, represión, asasinatos, desaparecidos e unha nutrida migración. Mais, con esta vitoria, chegou a hora de integrarse no desexábel desenvolvemento rexional do Sur, na transformación integral sudamericana que lidera, neste capítulo da historia, Venezuela. Read the rest of this entry »
