Archive for Marzo 14th, 2009

Organízate para defender o galego, fas máis falta que nunca

 

Fas máis falta que nunca. Organízate para defender o galego. AFLÍLIATE á Mesa.

Fas máis falta que nunca. Organízate para defender o galego. AFLÍLIATE á Mesa.

 

Arrinca unha nova e madura etapa do nacionalismo en Galiza

Rematado un longo e denso Consello Nacional do BNG,  sublíñanse por rechamantes varias novas:consello-nacional

 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, anunciou esta mañá no seu discurso ante o Consello Nacional, a demisión da actual Executiva Nacional,  a súa renuncia a presentarse como Portavoz Nacional no vindeiro proceso asemblear e a convocatoria dunha Asemblea Extraordinaria da formación frentista para o 10 de maio.  O debate serviu para pór de manifesto o espíritu de unidade e o grao de cohesión interna que se vive na formación frentista. As apelacións á necesidade de reforzar o proxecto nacionalista como único instrumento para conseguir a emancipación nacional e social de Galiza foron unha constante na práctica totalidade das intervencións.

Mentres,o Colectivo Movemento pola Base anunciou despois da reunión do Consello Nacional o que xa se sabía :  escíndese da fronte nacionalista. Unha parte desta corrente (MpB)  queda no BNG e outra vaise entre acusacións de personalismo dos propios integrantes desta corriente.

Por outra banda, a Asemblea Nacional Extraordinaria celebrárase polo sistema de delegad@s, non obstante nela participaran non menos de 2500 delegadas e delegados, unha mostra do desexo da dirección nacionalista de propiciar unha asemblea de participación masiva.