PP pretende reabrir o concurso eólico para favorecer pelotazos privados?
Posted in Galiza on 03/13/2009 09:30 pm by Xosé Antón
O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, asegurou esta mañá nunha entrevista no
programa “Bos Días”, da TVG, que se o PP reabre o concurso eólico para favorecer “pelotazos privados” terá enfronte ao BNG. Lembrou que o concurso “se resolveu con todas as garantías” e que é preocupante que o novo presidente o queira botar abaixo. Nesa liña, enfatizou que “o máis preocupante é que vaiamos ao modelo anterior, de reventa de concesións a multinacionais eléctricas de fóra”.
“Se a política de Feijoo é volver a ese modelo, o BNG vai facer unha oposición construtiva pero contundente para que non se sigan expoliando os recursos do noso país”, afirmou.
Pois semella que a realización do programa político do PP basearase en destruir país, ou sexa catro anos ighualiños á súa campaña electoral, abafante de mentiras e accións infames que aparecerán publicadas como grandes logros gubernamentais na súa poderosa plataforma mediática cun claro obxectivo: voltar á Galiza do atraso e controlada por uns poucos oligarcas.
