Archive for Marzo 9th, 2009

A necesidade de frear un novo tardofranquismo ultraliberal na Galiza

O  anuncio do novo (aínda futuro) presidente da Xunta de Galiza de privatizar o Consorcio Galego de galiza-primeiroServizos Sociais para voltar ás políticas- negocio con empresas privadas xestionando servizos públicos,  como xa anteriormente fixeron de xeito salvaxe coas infraestruturas públicas é necesario paralas. Entendo que isto é compartido polos sectores progresistas da  sociedade galega. 

Tamén o anuncio de Núñez Feijóo de suprimir as galescolas e derrogar o Decreto do Galego no Ensino  é considerada polos diversos sectores sociais unha regresión gravísima que camiña a ser unha política de guetos, pretendendo  eliminar o galego das cidades, da ensinanza ou de calquera estamento público, confinando ao galego a unha situación de absoluta marxinalidade social. Só hai que  lembrar que esas dúas medidas foron anunciadas por Núñez Feijóo durante unha entrevista con Jiménez Losantos e Pedro J. Ramírez, o que amosa  política de submisión do PP de Galiza á dereita máis reaccionaria e fascista do estado español. Read the rest of this entry »