Francisco Jorquera: o PSOE fixo acusacións perversas ao BNG de imposición do idioma galego
Posted in Galiza on 03/08/2009 04:12 pm by Xosé AntónO coordinador da Executiva Nacional e portavoz parlamentar do BNG no congreso dos deputados,
Francisco Jorquera, afirmou que a forza á que pertence “nunca cometeu o erro de confundirse de adversario principal”. Algo que si fixo “En política non se pode ser covarde e houbo quen dixo en metade de campaña –en relación a afirmacións do candidato socialista, Emilio Pérez Touriño, nun mitin– que apelaba aos votos para ter un apoio maioritario e gobernar sen ataduras e garantir que non se aplicasen políticas de imposición idiomática. Afirmar isto é tanto como dar a razón ao adversario político principal, que nós tiñamos claro que era o PP”, reprochou.
Engadiu que esta actitude significa “facerlle campaña á única forza política que podía gobernar con maioría absoluta e desacreditar a única alternativa posible”, así como “dar por bos os seus argumentos” acerca de que existe imposición lingüística na Galiza, algo que é “unha falsidade”. Ademais, lembrou que tanto o departamento de política lingüística como o de educación foron xestionadas polo PSDEG na lexislatura que termina. Para acceder ao resumo da entrevista clica aquí
