Lariyani manifesta que o Tribunal Internacional expedienta a Sudán para evitar que se aborde os crimes cometidos por Israel en Palestina. Mais cal é a clave do conflito?
Posted in Mundo on 03/07/2009 04:28 pm by Xosé Antón
Publica a Axencia Oficial Iraniana de Noticias que o presidente do Parlamento d
e Irán, Ali Lariyani, mantivo unha conversa co presidente de Sudán, Omar Al Bashir, na que manifestou que se expedienta a Sudán para evitar que se aborde os crimes cometidos por Israel en Palestina.
A conversa desenvolveuse o venres pola tarde no palacio da Presidencia, en “Jartum”, onde Lariyani fixo unha visita lóstrego dun día. Engadiu: “O motivo polo que se lle abriu a Sudán un expediente nominal nestes momentos é para desviar as presións que os pobos libres están exercendo para que se aborden os crimes de Israel. Sudán é un país especial no mundo musulmán, cunha posición avanzada e que posúe unha estratexia precisa na loita contra o imperialismo e o réxime sionista”. Read the rest of this entry »
