Archive for Marzo 5th, 2009

Feijóo volta ao tardofranquismo atacando o idioma galego e a Mesa prepara resposta

O futuro presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que non quere ningunhaartigo_camisola_goza «imposición» lingüística en clase, polo que asegurou que se acabaron as galescolas» e volverán as escolas infantís nas que os pais elixan a lingua na que estuden os seus fillos. Feijóo explicou que estes cambios educativos comezarán a producirse coa derrogación do decreto do galego.  

Preguntado acerca de como se poderá compaxinar a opción que elixan os pais, no caso de que non coincida, Núñez Feijóo destacou que o que non se pode facer é «duplicar o sistema educativo» porque os recursos económicos «non son ilimitados», polo que opinou que «o mellor é non anticipar» e xa se fará o axuste cando se expoña a súa necesidade.

Ante da ameaza do PP de derrogar o decreto que promove o ensino en galego, a Mesa pola Normalización Lingüística prepara unha manifestación en defensa do noso idioma en Santiago de Compostela durante o mes de maio.

Posiblemente ( é unha suposición miña) sexa o domingo 17 de maio. Para saber máis é conveniente que accedas a súa web

 

Irán entrega á INTERPOL os nomes de 30 dirixentes israelís aos que acusa de crimes contra a Humanidade

A Fiscalía Xeral da Revolución en Teherán entregou á INTERPOL os nomes dunha trintena de dirixentes os-novos-nazis-sionistasisraelís aos que acusa de crimes de guerra. Así o anunciou hoxe xoves Said Mortazavi, fiscal da citada fiscalía, nunha rolda de prensa que deu á marxe da conferencia internacional “Apoio a Palestina, símbolo da resistencia; Gaza, vítima do crime”, e engadiu: A República Islámica solicitou á INTERPOL a súa captura e que se anuncie a alerta vermella. “Xa se completou os expedientes penais dos 30 acusados e entregados á INTERPOL. Esperamos que os 186 países membros da INTERPOL actúen de xeito eficaz e a tempo e que eses criminais poidan ser procesados a tempo”, agregou.

Deste xeito, eles están en realidade encarcerados en Israel, engadiu Mortazavi tras sinalar que os acusados poderían ser detidos en calquera dos países adscritos á INTERPOL. Read the rest of this entry »

 

A prensa da dereita oligárquica ataca agora ao BNG nos concellos e Beiras faille de tonto útil

A oligarquía, en ciencia política, é unha forma de goberno en que o poder supremo está en mans dunhasa-voz-do-seu-amo poucas persoas.

Os oligarcas donos de propiedades, de terras ou de grandes acumulacións de diñeiro ( e tamén de medios de comunicación poderosos que fan de plataforma mediática antidemocrática para adquirir maio poder, se cabe) son posuidores de forza na dirección política grazas ás súas fortes influencias económicas. Posúen estándares éticos posiblemente dubidosos, con diversos medios de lexitimación, que teñen como piso o poder acumulado e o símbolo histórico que signifique a sucesión que lles deu forza.

A oligarquía é un grupo minoritario de persoas, pertencentes a unha mesma clase social, xeralmente con gran poder e influencia que dirixe e controla unha colectividade ou institución.

Pois ben, se temos asimilado ese concepto, xa sabemos o que pasou nestas eleccións pasadas. Read the rest of this entry »