Os colonos israelís tamén impiden a creación do Estado Palestino
Posted in Mundo on 03/04/2009 01:01 am by Xosé AntónA solución dos dous estados (o palestino e o israelí) é considerada por moitos expertos como imposible de realizar,mais non só pola masacre cometida polo exército sionista israelí durante a longa e estudada operación militar de exterminio na que asasinou a 1300 palestinos, feriu a máis de 6.000, terminou coa vida duns 400 nenos, feriu a máis de 1200, asasinou arredor de 200 mulleres e esnaquizou en máis dun 70% a infraestrutura de Gaza. Tamén se usa a ocupación continuada de terreos palestinos realizada por decenas de miles de colonos de Israel logo de destruír as vivendas dos seus habitantes orixinarios, que nunca poderán volver, agás que o mundo esperte da súa somnolencia hipócrita